Amigos dos Museos ofrece hoxe unha charla sobre o ecomuseo Forno do Forte

ACoruñaXa
O Forno do Forte trátase dun dos conxuntos etnográficos máis emblemático de Galicia
Imaxe do cartel da charla do 2 de maio de Amigos dos Museos de Galicia
Imaxe do cartel da charla do 2 de maio de Amigos dos Museos de Galicia
2 may 2024

Este xoves 2 de maio, ás 20.00 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña), terá lugar unha conferencia impartida polo museólogo e xestor do conxunto etnográfico Forno do Forte en Buño, Paco Doval.

O Ecomuseo é un conxunto formado por antigas casas de familias alfareiras, as que contaban con vivenda, taller, forno, alpendre e cabazo e no que o obxectivo principal é seguir a expoñer a tecnoloxía e a maneira de vida tradicional dos oleiros de Buño.

Forno do Forte trátase pois, dun dos conxuntos etnográficos máis emblemático de Galicia, adquirido e rehabilitado no 1999 pola Deputación da Coruña.

Toda persoa que estea interesada en acudir á charla poderá facelo ata completar aforo.