O domingo 26 de maio celébrase a Andaina Contra o Cancro en Betanzos

ACoruñaXa
A Asociación Española Contra el Cáncer e a Asociación Española contra o Cancro en Betanzos organizan esta carreira que consta de 5 quilómetros
Imaxe recurso dunha carreira popular
Imaxe recurso dunha carreira popular
1 may 2024

O vindeiro domingo 26 de maio Betanzos sairá ás rúas para rexeitar o cancro e apoiar a súa investigación a través da andaina solidaria Contra o Cancro.

A Asociación Española Contra el Cáncer e a Asociación Española contra o Cancro en Betanzos organizan, xunto co Concello de Betanzos, esta carreira que comezará ás 11.00 horas na Praza Irmáns García Naveira.

O percorrido consta de 5 quilómetros. O custe a inscrición será destinado á investigación da enfermidade. Os adultos pagarán 5 euros, mentres que os cativos ata 12 anos pagarán 3 euros.

Todas as persoas interesadas en participar na andaina poderán inscribirse e conseguir o seu dorsal de ‘Betanzos en marcha contra o cancro’ nalgunha das seguintes ubicacións o xoves 23 e o venres 24 pola mañá: piscina de Betanzos, perfumería Adrezo, Agencia Social Rouco, Frutería Balbina, Sala de Usos Múltiples do Edificio Liceo (de 10.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 21.00 horas, preguntar por Ana), floristería Josefina e na Praza Irmáns García Naveira.

Andaina-contra-el-cancer-scaled