O Museo de Estrella Galicia organiza unha cata de cervexas monacais o 17 de maio

ACoruñaXa
O próximo #PlanazoMEGA ofrece unha gastroexperiencia de tradición centenaria, cun menú especial que inclúe queixo trapense e Rillete elaborados por monxes, ademais de pratos inspirados en receitas monacales creados polos chefs de Pracer e Habaziro
Imaxe do catel do plan de MEGA para o 17 de maio
Imaxe do catel do plan de MEGA para o 17 de maio
1 may 2024

O Museo de Estrela Galicia na Coruña segue cultivando e fomentando a cultura de cervexa no seu próximo #PlanazoMEGA, que terá lugar o 17 de maio. Para iniciar a ponte das Letras Galegas, MEGA propón unha gastroexperiencia ao redor da tradición cervexeira: unha noite de cata e maridaxe con cinco cervexas monacales.

Neste sentido, o menú inclúe a degustación de queixo trapense e rillete elaborados por monxes, ademas de tres pratos de inspiración monástica creados especificamente para a ocasión polos chefs Moncho Bargo e Javi Feijeiro, de Pracer, e Pablo Morais, de Habaziro. As entradas para o evento, que serás as 21.00 horas, xa se poden adquirir a través da páxina web oficial do museo.

Deste xeito, o #PlanazoMEGA de maio abre as portas a unha tradición centeraria, como é a da relación da elaboración de cervexa cos mosteiros europeos.

A cata do venres 17 inclúe a degustación de cinco cervexas monacales, como son a Chumay Dorée, Orval, Westmalle Tripel, Tynt Meadow Ale e St Bernardus 12. Todas elas estarán maridadas nos entrantes con parte da dieta basee dos mosteiros trapenses: queixo e rillete. Ademais, o equipo de Cultura de Cervexa de MEGA, da man dos cociñeiros dos restaurantes coruñeses Pracer e Habaziro, deseñou un menú especial de tres pratos -cun final en grao sumo doce-, inspirado en receitas monacales, para que as e os asistentes a esta gastroexperiencia viaxen, a través do seu padal, por varios séculos de tradición cervexeira.

 

Planazo Monacales