Oleiros inaugura este sábado o albergue municipal da Finca Tenreiro

ACoruñaXa
O seu principal uso será para campamentos urbanos de nenas e nenos de Oleiros que organiza o Concello de Oleiros
Imaxe do albergue municipal da Finca Tenreiro en Oleiros
Imaxe do albergue municipal da Finca Tenreiro en Oleiros
29 abr 2024

Finalizadas as obras de recuperación do edificio en ruínas da Finca Tenreiro en Oleiros, este sábado 4 de maio realizarase o acto público de inauguración do albergue creado neste singular e fermoso parque público de Nós.

O acto de inauguración será ás 17.30 horas e contará coa actuación da Banda da Escola municipal de música.

O albergue creado está dotado con 28 camas, ademais de cociña, aseos e duchas. O seu principal uso será para campamentos urbanos de nenas e nenos de Oleiros que organiza o Concello.