Cortes de auga en Arteixo do 30 de abril ao 6 de maio

ACoruñaXa
Dende o Concello, aconsellan aos cidadáns que vixien que ningunha billa quede aberta coa fin de evitar posibles pérdidas innecesarias de auga
Imaxe de Arteixo
Imaxe de Arteixo
30 abr 2024

O Concello de Arteixo informa que dende a ás 23.00 horas ata as 7.00 horas do martes 30 de abril ata o luns 6 de maio haberá cortes intermitentes de auga.

As zonas do municipio afectadas polos cortes son: as zonas de Santa Icia, a Zapateira, Canzobre, Moras do Medio e Souto.

Dende o Concello, aconsellan aos cidadáns que vixien que ningunha billa quede aberta coa fin de evitar posibles pérdidas innecesarias de auga, así como incidenzas nas instalacións interiores durante o restablecemento do servizo.