Coirós establece a súa primeira comunidade enerxética

ACoruñaXa
Dezaoito veciños do municipio constituíron o pasado luns a primeira comunidade enerxética do municipio
Imaxe da reunión dos veciños de Coirós para constituír a comunidade enerxética
Imaxe da reunión dos veciños de Coirós para constituír a comunidade enerxética
2 may 2024

O Concello de Coirós vén de anunciar que 18 veciños do municipio constituíron o pasado luns a primeira comunidade enerxética do municipio.

Ademais destes primeiros socios fundadores, 35 persoas máis mostraron xa o seu interese por participar neste proxecto, que conta co apoio do propio concello de Coirós.

As comunidades enerxéticas están formadas por un grupo de socios (como persoas físicas, asociacións, pemes ou administracións públicas) que, de forma voluntaria e con participación cooperativa, establecen os seus obxectivos na obtención de beneficios enerxéticos, sociais, ambientais e económicos para os membros da comunidade.