Os empregados de seguridade de Repsol comezarán este xoves unha folga na refinaría da Coruña

ACoruñaXa
O 2 de maio comeza unha histórica acampada indefinida as 24 horas fronte á refinaría de Repsol na Coruña
Imaxe da refinaría da Coruña
Imaxe da refinaría da Coruña
2 may 2024

Meses de enganos por parte de REPSOL nas negociacións de melloras para o persoal de seguridade da súa instalacións levan á FTSP-USO e a UXT a plantarse de forma indefinida ás portas das súas instalacións.

A representación sindical dos Vixiantes de Seguridade leva meses tentando negociar con PROSEGUR e REPSOL unha serie de melloras salariais e operativas tras desconvocar as concentracións que se estaban levando a cabo o pasado mes de febreiro, e ao recibir un comunicado das empresas da constitución de mesa negociadora garantindo que esas melloras ían levar a cabo.

Despois de varias reunións e chegados a un preacordo na parte económica, a Dirección de REPSOL na Coruña comunicou a súa negativa á implementación desas melloras alegando que o persoal: “Non é merecedor desas melloras e que o seu salario é máis que suficiente para o traballo que realizan”.
A actitude de REPSOL foi recibida polos sindicatos con incredulidade e asombro nun primeiro momento tendo un preacordo económico nas mans para levar aos traballadores, provocando unha activación da acción sindical poñendo no punto de mira como principal culpable da situación á Directora do centro petroquímico.

Iván Blanco, Secretario de Organización Estatal da FTSP-USO, sentencia que “un desprezo cara ás persoas traballadoras desta magnitude e levado a cabo por persoal directivo dunha multinacional como REPSOL, debe ser mesmo motivo da súa dimisión ou destitución” afirmando que “ non desistiremos nas nosas reivindicacións cunha sólida unidade de acción cos compañeiros e compañeiras da UXT, aos que recoñecemos o seu nivel de compromiso no conflito”.