Medio ambiente
O Concello de Culleredo inspecciona unha tala en Celas pola súa posible afección ao Rego das Xesteiras
A Policía Local identificou os madeireiros tras o aviso da asociación O Val de Culleredo, mentres que o PP tamén reclamara a revisión do estado do cauce
A roza de máis de 600 quilómetros de vías reforza a prevención contra incendios en Curtis
O Concello mobiliza dous tractores e catro operarios nun dispositivo que se desenvolve desde o 25 de maio nas estradas e pistas forestais municipais
Máis de cen persoas participan na primeira ruta de sendeirismo do programa “Ven e descubre” en Oleiros
A iniciativa percorreu espazos naturais e patrimoniais de Iñás e Nós, combinando actividade física, memoria colectiva e coñecemento do territorio
GaliciaXa
Besteiro chama ao socialismo de Oroso a reforzar o seu proxecto para recuperar a Alcaldía
O líder do PSdeG participa na apertura da nova sede socialista de Sigüeiro e destaca a importancia da unidade para afrontar os retos electorais
Un roteiro intermareal permitirá descubrir a biodiversidade da ría do Burgo
ADEGA organiza este sábado unha actividade gratuíta entre Santa Cristina e a Ponte Pasaxe para achegar os valores naturais, culturais e marisqueiros da ría
Fisteus convértese nun laboratorio verde para recuperar os valados vexetais tradicionais de Curtis
O proxecto europeo GIFT impulsa a plantación de 1.100 árbores autóctonas e a instalación de refuxios de madeira para mellorar a biodiversidade e conectar hábitats no rural
O verde que non chega á Agra: ADEGA súmase á presión veciñal
A entidade apoia as reclamacións veciñais e critica que a modificación do PXOM aprobada polo pleno permita manter vivendas no ámbito do futuro Parque da Agra
Reclaman medidas urxentes pola prohibición de baño na praia de Santa Cruz
O BNG pide información clara para as persoas usuarias e coordinación entre administracións para localizar a orixe da contaminación no areal de Oleiros
A defensa do Monte Xalo reúne máis de 40 persoas nun roteiro reivindicativo
ADEGA, o Colectivo das Pedras Galladas e a comunidade de montes de Celas alertan do impacto da central reversible de Meirama sobre espazos de valor ambiental e patrimonial
A viticultura sostible gaña terreo nos viñedos da IXP Terras de Betanzos
Unha xornada na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas analizou os avances de ECOSPHEREWINES, un proxecto europeo para recuperar parcelas vitícolas e reforzar a súa biodiversidade
O río Valiñas volve ser obxecto de seguimento ambiental dentro do Proxecto Ríos
Pedras Galladas e o Centro Social Ledoñés organizan unha nova inspección do tramo fluvial ao seu paso por Ledoño
O fallo de Nostián aviva o choque político polo acordo coa concesionaria
O goberno local defende que a sentenza avala a recuperación de 8,3 millóns de euros, mentres o PP insiste en que se deixaron de reclamar outros 7,3 millóns
Piden deter as talas na beira do Mendo polo impacto nun espazo protexido
O BNG reclama a paralización cautelar dos traballos entre As Cascas e O Carregal, mentres o goberno local defende que a limpeza conta con autorización de Augas de Galicia
Once novos paneis alertan do risco de inundación na contorna do río Mero
Augas de Galicia coloca a sinalización en Cambre e Culleredo para informar á veciñanza sobre as zonas con maior perigo e as pautas de actuación ante posibles desbordamentos
A planta de biogás de Teixeiro esperta dúbidas entre a veciñanza
A Asociación de Veciños de Teixeiro reclama máis información sobre os proxectos previstos no polígono
As bandeiras azuis volverán ondear en tres praias de Miño
Praia Grande, Perbes e A Ribeira manteñen por segundo ano consecutivo este distintivo, que recoñece a calidade da auga, os servizos, a seguridade e a accesibilidade dos areais
Conta atrás para unha andaina polo 'Olimpo Ártabro' en defensa da auga
ADEGA, a Asociación de Montes Veciñais da Parroquia de Celas e As Pedras Galladas convocan este domingo unha ruta reivindicativa polo Monte Xalo
As praias das Mariñas manteñen o seu peso no mapa das bandeiras azuis
Arteixo, A Coruña, Oleiros, Miño e Bergondo concentran os areais distinguidos nesta convocatoria, con Bastiagueiro como unha das praias máis veteranas do mundo co galardón
O rego con auga potable no campo de golf de Xaz volve enfrontar a Oleiros coa Xunta
O Concello denuncia que, máis de catro anos despois da apertura da instalación, segue sen autorizarse o uso de augas residuais depuradas e cifra o consumo trimestral en máis de 38.500 metros cúbicos




