Novas de Aranga
O BNG convoca a súa tradicional Festa da Patria nas Mariñas cun gran xantar en Aranga
A Área Recreativa do Barranco da Loba acollerá o vindeiro domingo 19 de xullo unha xornada de convivencia política e lecer ao aire libre
Unha refrescante excursión familiar unirá diversión e lecer no parque acuático de Cerceda para os veciños de Aranga
O Concello abre o prazo de inscrición ata o 20 de xullo cunha viaxe programada para gozar das piscinas e tobogáns
As altas temperaturas obrigan a solicitar un esforzo veciñal co consumo de auga en Aranga
O concello emite un bando urxente para restrinxir o rego de xardíns, o lavado de coches e o enchido de piscinas ante o incremento da demanda
Un obradoiro forestal dará formación e emprego a 20 persoas en Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior
O programa Lambre Mandeo durará nove meses e permitirá actuar en rutas, áreas recreativas, espazos naturais e zonas de uso social dos catro concellos
Un corte de tráfico afectará esta semana á estrada entre Muniferral e Castromil, en Aranga
A vía permanecerá pechada desde este xoves día 11, ás 15.00 horas, ata o venres día 12, ás 20.00 horas
A recollida de plásticos agrícolas abre prazo para a veciñanza de Aranga
O Concello pide depositar os materiais dobrados e atados xunto aos contedores do lixo antes do 8 de xuño, data a partir da que comezará a retirada
Fútbol, churrasco e música para reunir a familia do CDX Aranga en A Posta
A VI Xuntanza celebrarase este sábado 23 de maio cun partido entre modestos e veteranos, sesión vermú, xantar popular, sorteos e servizo de cantina
Novas datas para que a veciñanza de Aranga renove o DNI en Betanzos
O Concello de Aranga informa do calendario do equipo móbil do DNIe para o segundo semestre de 2026, con atención entre xullo e decembro
Unha xornada escolar achega a natureza ao alumnado de Aranga
O CEIP A Castellana acolleu a celebración do Día da Árbore cun programa de actividades ambientais, creativas e lúdicas
A solidariedade volverá sentar á mesa a Aranga nunha cea benéfica contra o cancro
A Asociación Española Contra o Cancro celebrará este sábado 18 de abril, ás 21.30 horas, unha cita solidaria no restaurante La Casilla de Guitiriz, con entradas a 30 euros e unha noite amenizada con baile e sorpresas
A creatividade escolar súmase en Aranga ao 'Mes da Natureza' cun concurso sobre o pobo
O alumnado do CEIP A Castellana poderá presentar ata o 23 de abril debuxos, textos, fotografías ou esculturas inspiradas nos lugares, paisaxes e tradicións do municipio
Un mural colectivo polo 8M leva a igualdade á infancia de Aranga
Os nenos e nenas de Mañanceiros participaron nunha actividade creativa para reflexionar sobre o respecto, a liberdade e os dereitos das mulleres
Máis de 416.000 euros para mellorar camiños rurais en 14 concellos da comarca de Betanzos
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, supervisou en Oza-Cesuras as obras no camiño de Burricios, incluídas no Plan Camiña Rural 2025-2026
3,5 millóns para contratar máis de 400 persoas e reforzar servizos municipais na provincia
A Deputación da Coruña activa unha nova edición do PEL-Concellos, con axudas para 90 concellos e partidas destacadas na área da Coruña e en varios municipios das Mariñas e da contorna de Ordes
Máis de 12 millóns para manter a rede provincial: así se reparte o plan de estradas en 2026
A Deputación da Coruña aproba o Plan de Conservación de Vías Provinciais, que sobe un 7,5% e inclúe obras en máis de 2.000 quilómetros, con lotes que tamén abranguen concellos das Mariñas e da contorna de Santiago
O 30º Rallye da Coruña pon a comarca en modo motor e obriga a planificar desprazamentos
Betanzos cortará a rúa dos Ánxeles desde as 8.00 horas do sábado e haberá estradas pechadas nos tramos cronometrados por Coirós, Aranga, Oza-Cesuras, Cerceda, A Laracha e Culleredo
O 30 Rallye da Coruña pasará por Betanzos, Coirós, Aranga, Oza-Cesuras, Cerceda e A Laracha antes de regresar á cidade
A proba do 30 aniversario disputarase do 26 ao 28 de febreiro, cun tramo espectáculo urbano o venres pola noite e un sábado decisivo con tramos durante todo o día e final no Parrote
Eventos
OcioenGalicia
Fiestas de Meira 2026
OcioenGalicia
Campeonato de Billarda de Allariz
OcioenGalicia
Programación del Teatro Principal de Ourense 2026
A Deputación presenta o POS+2026 cunha achega récord na área coruñesa e reclama á Xunta máis fondos para os concellos
O acto celebrouse en Oleiros e o Plan Único arrinca o ano con 20,18 millóns de euros para 21 municipios da comarca da Coruña e As Mariñas
A voz dos alcaldes: Alberto Platas Álvarez, rexedor de Aranga
Alberto Platas Álvarez é o alcalde de Aranga polo Partido Popular dende 2011 e actualmente vai polo seu cuarto mandato, despois de chegar a Alcaldía tras asumir o relevo cando él era teniente de alcalde e o número dous do goberno municipal
A Deputación abre 225.000 euros en axudas para asociacións veciñais e de mulleres co foco no rural
O prazo para pedir as subvencións remata o luns 16 de febreiro, ás 14.00 horas, e a tramitación faise por vía telemática a través de SUBTEL
O programa ATENEA reforza en Aranga o apoio psicolóxico e psicosocial a mulleres vítimas de violencia de xénero
O Concello mantén en 2026 a colaboración con Alar Galicia, unha entidade sen ánimo de lucro creada en 2001, para atender tamén fillas e fillos e persoas dependentes das vítimas
Aranga prepara dous obradoiros de Entroido para nenos e nenas de 4 a 12 anos
Haberá unha xornada de manualidades e xogos o 16 de febreiro e outra de cociña o 18, no anexo do CEIP A Castellana
Aranga impulsa un curso para gañar soltura co móbil e moverse con seguridade no mundo dixital
O ‘Reto Rural Dixital’ celebrarase os días 3 e 10 de febreiro no local anexo ao CEIP A Castellana, en horario de 11.00 a 14.00 h
A Deputación da Coruña pecha as axudas de Política Social con máis de 330 solicitudes e 13,4 millóns de euros en xogo
As subvencións para 2026 repártense entre entidades e concellos e inclúen partidas para servizos sociais comunitarios, SAF, envellecemento activo e investimentos en centros






