Un contacontos familiar celebrará as Letras Galegas en Aranga

ACoruñaXa
A actividade 'A gran viaxe das letras galegas', de A Xanela do Maxín, terá lugar o domingo 17 de maio no Campo da Feira
ARANGA letras galegas
10 May 2026

A lingua e a cultura galega serán protagonistas en Aranga o vindeiro domingo, 17 de maio, coa celebración do Día das Letras Galegas. O Concello programou unha actividade pensada para o público familiar que se desenvolverá ás 12.00 horas no Campo da Feira da Castellana.

A proposta escollida é o contacontos 'A gran viaxe das letras galegas', a cargo de A Xanela do Maxín. A actividade busca achegar a literatura e a identidade galega ás crianzas dun xeito ameno, participativo e adaptado para desfrutar en familia.

A iniciativa enmárcase na programación cultural vinculada ás Letras Galegas e conta coa colaboración da Rede de Bibliotecas de Galicia. O obxectivo é favorecer o contacto coa lingua galega desde idades temperás e converter a conmemoración nunha xornada de encontro arredor da palabra, os contos e a tradición cultural do país.

A cita será de acceso aberto para todas as persoas que queiran participar nesta celebración das Letras Galegas na Castellana.

0.13829278945923