A mocidade de Aranga poderá descubrir o Labirinto de Breogán e gozar dunha xornada na praia de Cabanas

O Concello de Aranga organiza este mércores 5 de agosto unha nova actividade de lecer dirixida á mocidade do municipio de entre 12 e 18 anos, que combinará natureza, aventura e tempo de praia.
A programación inclúe unha visita matinal ao Labirinto de Breogán, un dos espazos de ocio máis singulares da comarca, e unha tarde de lecer na praia de Cabanas, onde os participantes poderán desfrutar da costa unha vez rematada a primeira actividade.
A saída está prevista para as 10.00 horas desde A Castellana. As persoas inscritas deberán levar bocadillo para o xantar e tamén toalla para a estancia na praia.
A participación ten un custo de 5 euros e as inscricións poden formalizarse a través do correo electrónico habilitado polo Concello. As prazas están dirixidas exclusivamente á mocidade de entre 12 e 18 anos.