AcorunaXA
Invístense 1,2 millóns de euros na mellora da mobilidade peonil na estrada AC-840 en Oza-Cesuras
O obxectivo é solucionar o estreitamento nesta vía, no paso baixo o ferrocarril, favorecendo a mobilidade dos usuarios vulnerables, especialmente os peóns
O Goberno aproba a construción de carrís bici e sendas peonís na Avenida de Alfonso Molina
Investíranse uns 5,9 millóns de euros en actuar ao longo de 1,4 km da avenida coruñesa. Os traballos inclúen plantacións e pantallas vexetais e unha pasarela, ente outras
O BNG de Betanzos demanda os resultados da auditoría do comedor do Vales Villamarín
Amelia Sánchez, voceira do BNG: “O concello debe dar a coñecer con detalle os parámetros que se tiveron en conta nesa auditoría e os resultados do estudo a todas as integrantes da comunidade educativa”
A Feira de Artesanía de Culleredo será o venres 17 de maio
Como é costume, o Día dás Letras Galegas conmemórase con esta actividade en Praza Europa e que sempre acolle a decenas de artesáns e artesás
As obras de modernización do Mercado de Curtis avanzan a bo ritmo
O alcalde asegurou durante a visita a súa satisfacción polo ritmo dunhas obras que, como indica “permitirán a celebración do mercado de verduras ao aire libre a resgardo das inclemencias do tempo"
A Asociación Provincial de Amas de Casa celebra este venres o seu Día da Amizade
Homenaxearase ás presidentas das agrupacións locais que cumpriron 25 anos no cargo coa Insignia de Ouro da entidade e un diploma conmemorativo
A Facultade de Fisioterapia da UDC unha xornada internacional con expertos en pediatría
A xornada do sábado, que tratará sobre os avances no estudo de como os nenos se orientan na contorna e no seu desenvolvemento, contará con expertos de recoñecido prestixio e centros de investigación punteiros
Oleiros instalará Puntos Violeta nas festas do municipio como medida de prevención
Con esta decisión, dáselle continuidade á campaña 'Non faltes á festa, pero de festa non faltes', coa que se busca achegar á poboación ferramentas para a prevención, detección e actuación fronte ditas violencias durante as celebracións vencelladas ao ocio nocturno
Formoso e o alcalde de Miño visitan as obras das aceiras de San Xoán de Vilanova
Manuel Vázquez Faraldo e Valentín González Formoso visitaron esta actuación que o ente provincial realizou en territorio miñense con 700.000 euros do Plan Único
O IES de Curtis, sitúase entre os catro centros educativos galegos co certificado Erasmus+
Na súa aposta pola internacionalización da ensinanza conta con 5 alumnos cursando prácticas en Italia a través da Consellería de Eduación e está a desenvolver unha xornada de cofraternización co centro irlandés Colaiste Iascaigh
Apróbase a construción dun novo edificio de 32 vivendas no barrio coruñés de Xuxán
O orzamento para a construción deste novo edificio de vivendas en Xuxán é de 3,3 millóns de euros
Este xoves comeza no teatro Colón o ciclo 'Elas Son Artistas' con Maika Makovski
A VII edición do ciclo metropolitano pola igualdade na Música e nas artes pasará por 8 concellos e un total de 18 sedes
O BNG da Coruña levará ao Pleno a xestión do campo de golf da cidade
No pasado mandato, o Executivo coruñés valorou a opción de subscribir un convenio coa Federación Galega de Golf. Ao estar sen contrato desde 2017, o campo está cada vez en peores condicións por falta de mantemento
A banda neerlandesa Vengaboys actuarán no Festival Atlantic Pride da Coruña
O festival coruñés, coñecido como ‘Orgullo do Norte’, confirma a presencia da banda de culto neerlandesa o xoves 11 de xullo, no escenario dos Xardíns de Méndez Núñez
A obra de teatro 'Kyoki' sobre o alzhéimer chega este venres ao Auditorio de Arteixo
A compañía de teatro físico liderada por María Torres e Gonçalo Guerreiro leva a Arteixo unha peza de linguaxe xestual sobre sobre o esquecemento, a vellez e a soidade desde unha ollada poética, cómplice, cómica e reflexiva
O PSdeG levará ao Parlamento o "estado de abandono" da residencia de maiores de Oleiros
A portavoz, Silvia Longueira responsabiliza ao goberno galego da “inseguridade e insalubridade” dos usuarios do centro, que teñen que convivir con dependentes con problemas psiquiátricos diagnosticados sen persoal cualificado para ser atendidos
A cantante Gigi McFarlane actúa este venres na Coruña
A artista, famosa por interaccionar co público durante os seus directos, traerá versións de grandes éxitos de artistas como Tracy Chapman, Michael Jackson ou Madonna
Culleredo continua co 'Cullerchef’, o programa de cociña saudable para cativos de 6 a 12 anos
A actividade celebrouse onte á tarde no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, e será así todos os martes ata o 18 de xuño
O Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF) da UDC ten unha nova dirección
As profesoras Laura Castro Souto e Emma López Bahut veñen de ser nomeadas directora e secretaria, respectivamente
Abre a inscrición da Baixada Popular de San Pedro de Visma, a terceira carreira do Coruña Corre
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O Concello de Bergondo organiza unha excusión a Ponferrada e Molinaseca
O prazo de inscrición xa está aberto e termina mañá, mércores 17 de abril
O aeroporto coruñés de Alvedro pechou o 2023 con 1.252.022 pasaxeiros
A cifra de pasaxeiros no aeroporto herculino creceu no ano pasado nun 4,4%
Oleiros organiza este sábado 20 de abril unha ruta por Ponteceso
Trátase dunha ruta familiar, dirixida a familias, na que poderán participar menores que como mínimo cumpran 6 anos no ano da actividade
Este mércores abre o prazo na Coruña de solicitude das bolsas comedor para o curso escolar 2024/2025
O prazo para pedir as axudas deste programa social finalizará o 8 de maio e conta cun orzamento de máis de dous millóns de euros




