A Biblioteca Rialeda de Perrillo acolle unha charla sobre 'O corazón: función, patoloxías e coidados'

ACoruñaXa
A charla será impartida polo cardiólogo do CHUAC e Hospital San Rafael, Enrique Iglesias Río
Biblioteca Rialeda en Perillo
Biblioteca Rialeda en Perillo
17 abr 2024

O programa 'Ler para saber: charlas de divulgación científica' impulsado polo Concello de Oleiros volve á biblioteca Rialeda de Perillo o vindeiro venres 19 de abril da man do cardiólogo Enrique Iglesias Río.

Deste xeito, o venres 19 de abril ás 18.30 horas terá lugar unha charla científica impartida polo cardiólogo do CHUAC e Hospital San Rafael; Enrique Iglesias Río sobre 'O corazón: función, patoloxías e coidados'.

Os obxectivos do programa 'Ler para saber' son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.

As charlas de divulgación científica están dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral. Ademais, a entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.