AcorunaXA
Betanzos celebra o Día do Libro cos obradoiros 'Somos as nosas palabras' para secundaria
Entre as actividades de dinamización lingüística programadas para o Día Internacional do Libro de da Lectura terán lugar os días 17, 18, 19 e 24 de abril diversos obradoiros de creación escrita
Conta atrás na Coruña para o Encontro Mundial de Humorismo, que comezará en 10 días
Aínda é posible adquirir os últimos billetes para os espectáculos 'Celebreixon', 'Go Home', 'Tengo cosas para hacer' e 'La nueva normalidad'
O Concello de Miño oferta sete postos de traballo para a tempada de verán
Iniciáronse os trámites para contratar a cinco controladores de aparcamento e dous limpadores de baño
ACoruñaXa
Oleiros pide á Xunta a cesión urxente do Porto de Santa Cruz
Denuncian que os innumerables temporais marítimos dos últimos meses causaron numerosos incidentes e roturas da estrutura e cimentos do paseo que deben ser tratados con urxencia
ACoruñaXa | OurenseXa
As unidades móbiles de doazón de sangue visitan esta semana as Universidades galegas
As unidades móbiles de ADOS visitan o martes e o mércores as facultades de todos os campus galegos para facilitar que a comunidade universitaria que aínda non doou sangue, e desexe facelo, poida participar nestes dous últimos días da campaña do curso académico 2023-24
O BNG de Coirós reclama unha mellora na seguridade viaria do Concello
O BNG ve necesaria a instalación de semáforos para controlar a velocidade dos vehículos e pasos de peóns para garantir que se poida cruzar a estrada co menor risco posible
As Brigantias Roller Derby xogarán este sábado en Vigo o Campionato Nacional ARDE
O equipo coruñés de Roller Derby desprazarase a Vigo o próximo sábado 20 de abril para disputar os partidos do campionato nacional
A Carreira Popular de Arteixo será o mércores 1 de maio
As inscricións estarán abertas ata o mércores 24 de abril. A carreira ten un compoñente solidario en colaboración co Banco de Alimentos e coa Fundación Stop Leucemia
Curtis acolle a exposición da obra acrílica de Lola Alga na casa-museo María Antonia Dans
Os cadros xa se encontran expostos para o público na pranta baixa da casa-museo
Coruña renovará o primeiro andar da Casa Picasso, que permitirán recuperarlle detalles orixinais
Cun investimento de algo máis de 107.000 euros renovaranse as carpinterías interiores, pavimentos e tabiquería, co obxectivo de mellorar a súa estrutura
ACoruñaXa | OurenseXa
As queimas agrícolas e forestais quedan prohibidas a partir deste luns
Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir de este luns, 15 de abril
A Deputación recibe este luns no Pazo de Mariñán aos participantes das Residencias Artísticas
As estadías de literatura e pensamento desenvolveranse entre o 15 e o 26 de abril. As de música, do 15 ao 20 de abril, as de Cantometrics e Su Garrido Pombo, e do 21 ao 26 de abril, as de Chumba e aTorna
Volven os Sábados Miúdos o 20 de abril co espectáculo infantil 'Animalada'
O espectáculo está destinado a nenos e nenas a partir de 2 anos e as súas familias e ten unha duración de 60 minutos. É necesario reservar praza para poder asistir
Bergondo homenaxea a Xoán Vicente Viqueira cunha oferta de actividades
Alumnado de 5º e 6º de Primaria e de Secundaria de Bergondo mergullaranse no “universo Viqueira” a través duns talleres impartidos por Dores Tembrás
A Casa-Museo María Antonia Dans en Curtis acolle unha exposición de pintura acrílica
A veciña de Curtis, Lola Alga (Dolores Álvarez) expoñerá os seus cadros de pintura acrílica
O voluntariado de Cruz Vermella Betanzos presenta a Memoria 2023 da Asemblea comarcal
As 91 persoas voluntarias, que contribúen a facer posible o labor da Organización humanitaria desde a Asemblea comarcal, recibiron o recoñecemento de equipo directivo, persoal técnico e persoas e entidades socias durante o acto celebrado no Liceo de Betanzos
A Deputación premia aos mellores deportistas da Provincia nunha gala no Teatro Colón
Belén Toimil, Víctor Senra, o Racing de Ferrol, O Gran Camiño, Vero Boquete, o Club de Remo Cabo de Cruz, o Grupo Jrilo e ENKI, entre as persoas e entidades galardoadas este ano
A alcaldesa, Inés Rey, sinala que o modelo da Coruña está chamado a ser referencia internacional
A alcaldesa impartiu unha conferencia-coloquio na UDC, no marco do ciclo de conferencias sobre Economía e Internacionalización da Cátedra Luis Fernández Somoza
O Concello mellorará a accesibilidade do barrio Mesoiro Vello e renovará a pasarela do río
Como parte da intervención tamén se adecuará o leito do río Mesoiro neste treito, co obxectivo de mitigar o risco de inundación na contorna. Ademais, renovarase a rede de saneamento neste sector do barrio
O BNG sinala que Lage Tuñas non foi quen de desmentir as súas "irregularidades" no Pleno
Avia Veira remarca que o argumento esgrimido por Lage no Pleno sobre a existencia de 20 licenzas que se tramitaron ao mesmo ritmo que a súa non é válido porque son permisos de obras subvencionábeis que deben ser materializados cunha maior axilidade
Culleredo ofrece aos seus escolares unha formación ornitolóxica
O Concello retoma a formación ornitolóxica para os escolares do os CEIP Ría do Burgo, Vila de Rutis e Sofía Casanova
A UDC celebra hoxe as Olimpíadas da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños
A competición reune a 16 equipos equipos, 8 procedentes de centros galegos de educación secundaria, nas instalacións da Universidade da Coruña
Arranca a Copa Deputación de Balonmán na Rúa na Coruña
O torneo desenvólvese ata o domingo no Paseo do Parrote e continuará ata o mes de xuño nos concellos de Zas, Sada, Negreira, Oroso, Cedeira e Ribeira
Coruña extende o desconto do 60% do autobús a universitarios usuarios das liñas 12 e 12A
A ampliación da rebaixa será efectiva dende o próximo luns 15 de abril, cun prezo de 0,15 no billete a través da App Millenium




