O Concello de Oleiros oferta postos libres no Mercado de Perillo

ACoruñaXa
Ofértanse dous tipos de postos: de 16 metros e de 23 metros
Imaxe da casa do Concello de Oleiros
Imaxe da casa do Concello de Oleiros
16 abr 2024

O Concello de Oleiros informa de que dispón de varios postos libres no mercado municipal de Perillo para todas aquelas persoas autónomas ou empresas que queiran dispoñer dun local cun prezo de aluguer baixo.

Neste sentido, as persoas autónomas ou empresas que queiran desenvolver a súa actividade no Mercado municipal de Perillo poden optar a algún dos postos libres mediante o pago dunha tarifa mensual moi accesible e sen canon.

O custo dos postos de 16 metros é de 78,00 euros/mes e os de 30 metros é de 117 euros/mes. Algúns deles están dotados de cámara frigorífica.

Todas as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro Municipal de Formación ou chamar ao 981 610000 para obter máis información.