As escolas municipais artísticas de Oleiros abren o prazo de inscrición o mércores

ACoruñaXa
O Concello de Oleiros informa de que as escolas municipais de danza, música e teatro terán aberto o prazo de matriculación para novos estudantes
Imaxe da escola de danza de Oleiros
Imaxe da escola de danza de Oleiros
14 abr 2024

O Concello de Oleiros informa de que as escolas municipais de danza, música e teatro terán aberto o prazo de matriculación para novos alumnos e alumnas do 17 ao 24 de abril.

Todas as persoas interesadas poden consultar toda a información na páxina web do Concello, no apartado da Concellería de Ensino.

Ademais, a institución informa de que ante calquera dúbida ou consulta é posible dirixirse ao correo ensino@oleiros.org ou tamén chamar ao teléfono 981 639 688 do Centro Municipal de Artes Escénicas ou ao 981 639 143 da Escola Municipal de Música.