Curtis acolle a exposición da obra acrílica de Lola Alga na casa-museo María Antonia Dans

ACoruñaXa
Os cadros xa se encontran expostos para o público na pranta baixa da casa-museo
Imaxe da inauguración da exposición de Lola Alga en Curtis
Imaxe da inauguración da exposición de Lola Alga en Curtis
15 abr 2024

A casa-museo de María Antonia Dans en Curtis inaugurou este domingo unha exposición sobre a pintura realizada por unha veciña o municipio.

Trátase da obra acrílica da veciña de Curtis, Lola Alga (Dolores Álvarez). Os cadros xa se encontran expostos na pranta baixa da casa-museo.

Ao acto de apertura asistiron o Alcalde, as concelleiras de Cultura, Julia Díez; , Benestar Social, Eva Lata; e Feiras, Fina Paredes; a pintora, Dolores Vázquez, familares e veciños.

Todos os interesados poderán disfrutar destas obras de martes a venres en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. Tamén estará aberta os sábados, domingos e festivos de 11.00 horas a 14.00 horas.