Volven os Sábados Miúdos o 20 de abril co espectáculo infantil 'Animalada'

ACoruñaXa
O espectáculo está destinado a nenos e nenas a partir de 2 anos e as súas familias e ten unha duración de 60 minutos. É necesario reservar praza para poder asistir
Imaxe do cartel dos sábados miúdos de Betanzos
14 Abr 2024

O vindeiro sábado 20 de marzo volven os Sábados Miúdos a Betanzos co espectáculo infantil 'Animalada' de Cé Orquestra Pantasma que terá lugar na Sala de Usos Múltiples do Edificio Arquivo ás 12.00 horas.

O espectáculo está destinado a nenos e nenas a partir de 2 anos e as súas familias e ten unha duración de 60 minutos. A actividade conta con 20 prazas, con preferencia para os nenos e as nenas empadroadas, que poderán asistir acompañadas de ata dúas persoas adultas. O prazo de inscrición para o espectáculo estará aberto na web do Concello desde o 15 de marzo ás 10.00 horas e ata cubrir as prazas. A confirmación da praza realizarase antes da actividade no enderezo electrónico facilitado no momento da inscrición.

Os Sábados Miúdos contarán neste ano 2024 con diversos espectáculos para os máis pequenos e pequenas que ateigarán os sábados de contos, cantigas, danza, xogos, música e lingua para desfrutar en familia. A próxima actuación será por conta de Paco Nogueiras co seu espectáculo “Brinca Vai” De aquí a acolá” o sábado 4 de maio na Aula de Cultura Xulio Cuns.

Se se quere consultar máis informaciónn pode acurdirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, situado no segundo andar da Casa do Concello, no teléfono 981 770 100 ou no enderezo electrónico normalizacion@betanzos.net.

Sobre 'Animalada'

A Orquestra Pantasma consigue transportarnos aos tempos en que nas nosas festas mais arraigadas todos eran partícipes e creadores do divertimento, quedando a pasividade practicamente desterrada do campo da festa: home orquestra e público fúndense nun so bloque logrando un clima único en cada ocasión.

'Animalada' é o novo espectáculo de Cé Orquestra Pantasma para xogar, cantar e bailar, ao son de historias de animais que pasaron xa fai tempo, contadas un bo día por unha vella máis un vello. Cans, galiñas, piollos, pulgas, serpes, corvos, cabuxas e lobos entre outros, son os protagonistas deste espectáculo dinámico e participativo!

 

SM-20042024-Ce-Orquestra-Pantasma_Animalada-scaled
0.16664409637451