O CEMIT de Betanzos impartirá unha charla sobre 'Prevención de Incendios'

ACoruñaXa
Tratáranse as principais causas de incendios, elementos de protección dispoñibles e actuacións e recomendacións no suposto de incendio
Imaxe recurso prevención de incendios
Imaxe recurso prevención de incendios
14 abr 2024

O mércores 24 de abril terá lugar no CeMIT de Betanzos a charla 'Prevención de Incendios' dirixida á poboación en xeral. Nela poderá aprender as principais causas de incendios, elementos de protección dispoñibles e actuacións e recomendacións no suposto de incendio. O evento será en horario de 11.00 a 12.30 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre a actividade pódese acudir á Aula CeMIT de Betanzos sito na rúa Emilio Romay, nº 1, a través da páxina web,  chamar ao teléfono 6186930052401, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.betanzos@xunta.gal

cartel-prevencion-incendios