O espazo de Portas Ártabras acolle este xoves unha conferencia sobre 'As lembranzas dos vellos'

Manuel López Foxo en Portas ÁrtabrasO espazo en Portas Ártabras na Coruña de Amigos dos Museos de Galicia organiza este xoves 18 de abril unha conferencia impartida por Manuel López Foxo, sobre 'As lembranzas dos vellos'.
O acto será as 20.00 horas e nel, este polígrafo, natural de Ortigueira e fondo coñecedor da cultura galega, falará do contido do seu libro sobre as lembranzas de homes e mulleres de fai trinta anos, xa daquela case centenarios. Testemuños do que escoitaron dos seus avós e pais. Algo que se perde ou transforma, no último século sometido á revolución industrial, agora ás novas tecnoloxías, á uniformización global.
No acto, amais de Manuel López Foxo, participarán Manel Bouzamayor, (Presidente da asociación Terras do Ortegal) e o historiador da cultura galega Felipe Senén (Presidente de Amigos dos Museos de Galicia).