Novas de Vilasantar
A festa das persoas maiores reunirá en xuño á veciñanza de Vilasantar
A celebración terá lugar o 19 de xuño, con misa solemne en Présaras, xantar, música en directo e inscrición previa ata o día 15
O BNG leva de novo ao Congreso a crise de Losán para pedir a implicación da SEPI
Néstor Rego formulará unha pregunta na Comisión de Industria para reclamar un plan de viabilidade que garanta a actividade e o emprego nas plantas de Curtis e Vilasantar
Losán gaña tempo para presentar o seu plan de viabilidade nun momento clave para as plantas de Curtis e Vilasantar
O grupo obtén unha ampliación de prazo tras rematar o período de preconcurso, mentres a plantilla segue pendente de solucións e reclama información sobre o futuro da compañía
Cinco volantistas de Vilasantar logran o billete ao Provincial tras a última cita escolar en Sobrado
A Escola de Bádminton de Vilasantar pechou a fase previa cun novo impulso ao deporte de base e coa clasificación de cinco deportistas para o campionato provincial
Losán esgota o preconcurso entre protestas e incerteza polo futuro de Curtis e Vilasantar
O cadro de persoal concéntrase ante o xulgado no día límite para presentar un plan de viabilidade, mentres reclama garantías para o emprego e a continuidade das fábricas
Augas de Galicia activa dous trámites clave sobre o futuro hidroeléctrico do Tambre
O organismo abriu a extinción do título concesional de Naturgy para os saltos Tambre I, II e III e, en paralelo, reactivou o concurso para unha central reversíbel no río coa eléctrica entre as empresas admitidas
O reloxo de Losán aperta con sete días de marxe para Curtis e Vilasantar
A crise da madeireira entra na súa semana decisiva cun preconcurso que remata o 29 de abril, sen que transcendese por agora unha saída industrial pechada e coa presión medrando sobre a SEPI, a Xunta e a dirección da compañía
Final feliz tras a busca de Daoud, o mozo desaparecido en Vilasantar
O rapaz de 17 anos foi localizado ás 6.30 horas deste martes na estrada entre Teixeiro e Sobrado dos Monxes, á altura das Cruces, por unha patrulla da Garda Civil de Curtis
O conflito de Losán chegará ao pleno de A Coruña cunha petición de apoio institucional
Miguel Lorenzo anuncia unha iniciativa para que o Concello da Coruña se adhira ao acordo impulsado polos 12 municipios máis afectados pola crise do grupo, que tamén mantén 40 traballadores na cidade
Activan a busca dun mozo de 17 anos desaparecido en Guillereu
SOS Desaparecidos difundiu este luns a alerta por Daoud B. C., visto por última vez na parroquia de San Vicente, en Vilasantar, mentres o Concello pide colaboración cidadá para tratar de localizalo
A conta atrás para a comida de Semana Santa de Présaras entra nos últimos días para conseguir entrada
A Comisión de Festas de Présaras 2026 organiza o encontro o 4 de abril, con sesión vermú desde as 14.00 horas, menú completo, actuación musical e sorteos durante a tarde
Vilasantar abre a inscrición para o seu campamento de Semana Santa
A proposta municipal, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, desenvolverase no CEIP de Présaras entre o 30 de marzo e o 6 de abril en horario de mañá
Un servizo itinerante achegará a Vilasantar apoio especializado en igualdade e atención ás mulleres
O CIM móbil instalarase o 24 de abril diante da Casa do Concello, de 10.00 a 13.00 horas, para ofrecer información, asesoramento e acompañamento especializado nun municipio sen centro fixo destas características
A formación dixital gaña protagonismo en Vilasantar coa entrega de manuais do Reto Rural Dixital
O Concello acolleu o acto de peche dunha iniciativa impartida pola Cruz Vermella para mellorar as competencias tecnolóxicas da veciñanza
Losán leva a protesta a Teixeiro para pedir unha saída industrial
O comité convoca este mércores, 18 de marzo, ás 12.00 horas unha concentración diante da Casa do Concello de Curtis e reclama á Xunta e á SEPI unha mesa urxente sobre o futuro da planta
Un campamento de Semana Santa ofrecerá ocio e conciliación ás familias de Vilasantar
A proposta desenvolverase no CEIP de Présaras do 30 de marzo ao 6 de abril para nenos e nenas de 3 a 12 anos, en horario de 10.00 a 14.00 horas
Máis de 416.000 euros para mellorar camiños rurais en 14 concellos da comarca de Betanzos
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, supervisou en Oza-Cesuras as obras no camiño de Burricios, incluídas no Plan Camiña Rural 2025-2026
3,5 millóns para contratar máis de 400 persoas e reforzar servizos municipais na provincia
A Deputación da Coruña activa unha nova edición do PEL-Concellos, con axudas para 90 concellos e partidas destacadas na área da Coruña e en varios municipios das Mariñas e da contorna de Ordes
Máis de 12 millóns para manter a rede provincial: así se reparte o plan de estradas en 2026
A Deputación da Coruña aproba o Plan de Conservación de Vías Provinciais, que sobe un 7,5% e inclúe obras en máis de 2.000 quilómetros, con lotes que tamén abranguen concellos das Mariñas e da contorna de Santiago
A Deputación reforza o deporte de base con axudas para contratar persoal técnico en 66 concellos
O programa mobiliza 789.320 euros e permite soster servizos municipais de deportes con programación estable, segura e de calidade, especialmente nos municipios máis pequenos
Nova protesta da plantilla de Losán para esixir salarios e garantías de continuidade
O comité convoca unha concentración o xoves 26 de febreiro ás 12.00 h diante das oficinas centrais do grupo na Coruña, mentres continúa a falta de información sobre a viabilidade das plantas
O Congreso move ficha pola madeireira Losán, con nóminas pendentes e as plantas de Curtis e Vilasantar no aire
A iniciativa do BNG obriga o Goberno do Estado a implicar á SEPI no deseño dun plan de viabilidade e a estudar medidas para evitar que empresas con axudas públicas poidan pechar ou deslocalizar actividade
O BNG leva ao Congreso a crise de Losán e pide un papel activo da SEPI para salvar o emprego
A iniciativa pon o foco nas plantas de Curtis e Vilasantar, con preto de 200 postos directos en xogo e atrasos salariais, e reclama coordinación co comité e coa Xunta para un plan de viabilidade
A Deputación presenta o POS+2026 cunha achega récord na área coruñesa e reclama á Xunta máis fondos para os concellos
O acto celebrouse en Oleiros e o Plan Único arrinca o ano con 20,18 millóns de euros para 21 municipios da comarca da Coruña e As Mariñas



