Novas de Vilasantar
Vilasantar enche de cor e creatividade o seu concurso de disfraces do Entroido
A veciñanza participou nunha festa marcada polas coreografías, as rosquillas e o ambiente festivo
O BNG levará ao Congreso unha iniciativa para garantir o emprego no Grupo Losán
Néstor Rego reuniuse co comité para abordar a situación das plantas de Curtis e Vilasantar, cun persoal que acumula varias nóminas pendentes e pide un plan de viabilidade
A Deputación abre 225.000 euros en axudas para asociacións veciñais e de mulleres co foco no rural
O prazo para pedir as subvencións remata o luns 16 de febreiro, ás 14.00 horas, e a tramitación faise por vía telemática a través de SUBTEL
Máis horas de axuda no fogar e reforzo dos equipos sociais en 2026 na provincia da Coruña
A Deputación investirá 8.855.329 euros para financiar 377.991 horas do SAF e a contratación de 177 profesionais en concellos de menos de 20.000 habitantes
Portas abertas en Présaras para coñecer o CEIP antes do prazo de admisión de marzo
A visita será o luns 23 de febreiro de 16.30 a 17.30 horas e permitirá ver as instalacións e o funcionamento diario do centro en Vilasantar
A Asociación Raiña Paraíso impulsa unha nova edición do curso de agricultura ecolóxica en Vilasantar
A formación, dirixida a persoas desempregadas, iniciarase en marzo de 2026 na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar
A Deputación da Coruña pecha filas co persoal do Grupo Losán e reclama unha solución ao conflito laboral
O pleno aproba por unanimidade unha declaración institucional e os portavoces dos grupos reúnense co comité de empresa antes da sesión
A Deputación da Coruña pecha as axudas de Política Social con máis de 330 solicitudes e 13,4 millóns de euros en xogo
As subvencións para 2026 repártense entre entidades e concellos e inclúen partidas para servizos sociais comunitarios, SAF, envellecemento activo e investimentos en centros
A Deputación destina 6,98 millóns de euros á comarca de Betanzos na primeira fase do Plan Único 2026
A deputada Cristina García Rey visitou obras do POS en Coirós, concello que suma máis de 3,97 millóns de euros desde 2017
O pavillón de Présaras acollerá o concurso de disfraces do Entroido de Vilasantar
A cita será o sábado 14 de febreiro desde as 17.00 horas e repartirá 525 euros en premios entre grupos e participantes individuais
A comisión de festas de Présaras organiza un campionato de tute con premios gastronómicos e pinchos durante toda a noite
A cita será o sábado 7 de marzo, ás 19.00 horas, no pavillón municipal de Présaras (Vilasantar), con 30 puntos por parella e un mínimo de 20 equipos inscritos
A Deputación da Coruña convoca a V edición dos Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais con 42.000 euros en galardóns
As entidades sociais sen ánimo de lucro da provincia poden presentar candidaturas ata o 3 de febreiro de 2026, ás 14.00 horas, a través da plataforma SUBTEL
Oito alcaldías da comarca reclaman un plan de rescate inmediato para Losán e Aserpal
Un manifesto conxunto esixe á empresa un plan de reactivación ‘sen parches’ e pide ao Goberno central, coa colaboración da Xunta, unha intervención coordinada da SEPI e do Igape para recuperar a produción ao 100 %
Vilasantar aproba por unanimidade unha moción do BNG para defender o emprego e o futuro industrial do Grupo Losán
A iniciativa alerta de atrasos nas nóminas e impagos en Losán e Aserpal e pide implicación da Xunta e do Goberno do Estado, ademais de chamar a participar na mobilización do xoves 15 ás 12.00 horas
A ITV móbil de maquinaria agrícola fará parada en Vilasantar os días 26 e 27 de xaneiro de 2026
A unidade de inspección instalarase no Punto Limpo e atenderá con cita previa en horario de mañá e tarde
A Deputación da Coruña convoca 63 bolsas de 3.500 euros para deportistas da provincia
A liña de axudas abre o prazo de solicitude desde o 12 de xaneiro e incorpora como novidade catro bolsas para modalidades non olímpicas
A Deputación da Coruña abre dúas liñas de axudas por 2 millóns de euros para impulsar a promoción económica en 2026
As subvencións van dirixidas a entidades empresariais sen ánimo de lucro e a concellos de menos de 50.000 habitantes, con solicitudes do 16 de xaneiro ao 16 de febreiro
Présaras celebra o 23 de xaneiro a ‘Festa do quinto’ con música e pinchos no local social
A cita arrincará ás 21.00 no Local Social de Présaras (antiga Cámara Agraria), en Vilasantar, con ‘quintos’ a 1 euro ata as 3.00
O BOP publica as bases de sete premios culturais da Deputación da Coruña para 2026, cun total de 95.000 euros
As convocatorias abranguen artesanía, cinema, banda deseñada e literatura en galego e castelán. O prazo para presentar traballos abrirá o 10 de febreiro e pechará o 10 de abril
91 ANPAS da provincia piden as novas axudas da Deputación para actividades escolares en 2026
A liña FO202/2026 conta cun orzamento de 250.000 euros e permitirá conceder subvencións de entre 1.500 e 10.000 euros a asociacións de centros públicos
Vilasantar pon en marcha un programa de promoción da saúde con sesións semanais ata maio de 2026
As actividades celebraranse todos os luns ás 11.00 horas e incluirán benestar emocional, alimentación saudable e propostas de actividade física
Vilasantar busca voluntariado para colaborar na cabalgata dos Reis Magos
O Concello fai un chamamento para atopar tres persoas que axuden a facer posible a xornada máis ilusionante para a cativada
Máis de 6.000 pemes, microempresas e autónomos solicitan as axudas do PEL 2026 da Deputación da Coruña
A convocatoria pechou con 6.050 peticións e incorpora como novidade a posibilidade de subvencionar o alugueiro de locais dentro da liña PEL-Autónomos/as
Alertas amarelas por choiva e vento e aviso laranxa no litoral por temporal costeiro
A AEMET amplía os avisos para este xoves 18, con especial incidencia no noroeste da provincia da Coruña




