Novas de Oza Cesuras
O reloxo de Losán aperta con sete días de marxe para Curtis e Vilasantar
A crise da madeireira entra na súa semana decisiva cun preconcurso que remata o 29 de abril, sen que transcendese por agora unha saída industrial pechada e coa presión medrando sobre a SEPI, a Xunta e a dirección da compañía
'San Benito' volverá reunir a veciñanza en Maial cunha xornada de tradición e festa
A parroquia de Oza-Cesuras celebrará este domingo 12 de abril a súa festividade con misas, procesión e sesión vermú amenizada polo Dúo Cracy
San Gregorio volverá encher de tradición e ambiente festivo a xornada do domingo en Borrifáns
A parroquia de Oza-Cesuras celebrará o 5 de abril a súa Festa da Pascua con misa solemne, sesión vermú con música en directo e comida popular no local social de Piñoi
O guión desaparece do nome oficial do municipio
O novo Nomenclátor de Galicia xa recolle a denominación de Oza Cesuras sen guión, un cambio que a Xunta vincula á adaptación ás normas ortográficas do galego
Un local de Parada ábrese a reservas para aniversarios e celebracións privadas
A Taberna de Parada, situada no local de Peones Camineros de Frais, poderá ser utilizada por persoas empadroadas en Oza Cesuras maiores de idade previa solicitude a través do rexistro da Sede de Oza
Últimos días para solicitar praza no CEIP Plurilingüe Bragade para o curso 2026/27
O prazo de admisión para o novo alumnado e para escolares de Infantil e Primaria que queiran cambiar de centro permanecerá aberto ata o 20 de marzo
A andaina e a carreira do 8M reúnen a 150 mulleres en Oza-Cesuras
Organizadas por Asaltamontes Female coa colaboración do Concello de Oza-Cesuras, reuniron a 150 mulleres nun encontro pensado para facer comunidade e reivindicar a forza feminina a través da actividade física
A marca de calidade das Mariñas Coruñesas incorpora once novas empresas turísticas
A Reserva da Biosfera entregou en Biocultura os diplomas ás firmas que superaron o proceso de formación e avaliación e xa suma máis de cen entidades certificadas
Máis de 416.000 euros para mellorar camiños rurais en 14 concellos da comarca de Betanzos
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, supervisou en Oza-Cesuras as obras no camiño de Burricios, incluídas no Plan Camiña Rural 2025-2026
Un novo impulso para vestir de curto ao fútbol veterano de Oza-Cesuras
O Concello asinou un convenio cos Veteranos de Oza dos Ríos para apoiar a compra das equipacións da tempada 2025-2026 e reforzar a súa liña de colaboración co deporte local
Santiago García e Néstor Casal conquistan o 30º Rallye A Coruña tras unha fin de semana de máxima tensión
A parella de Ordes levou o triunfo tras dous días de espectáculo, cun tramo urbano no entorno do Castelo de San Antón e especiais por concellos como Betanzos, Coirós, Aranga ou Oza-Cesuras, nunha edición seguida por milleiros de afeccionados
O PSdeG leva ao Parlamento as promesas pendentes da fusión de Oza e Cesuras
A deputada Silvia Longueira reclama que a Xunta cumpra os compromisos asociados á integración municipal aprobada en 2013 e sostén que, ‘case trece anos despois’, seguen sen chegar a residencia de maiores, o impulso industrial e o reforzo do transporte
Peche temporal do ximnasio municipal de Salto por obras de mellora
As instalacións do Loureiro permanecerán pechadas desde este mércores 25 de febreiro e ata novo aviso, aínda que o Concello manterá as actividades deportivas nun espazo alternativo habilitado
Oza-Cesuras reparte bolsas serigrafiadas para darlle máis pulo ao comercio de proximidade
O Concello está a entregalas nos establecementos do municipio para reforzar a visibilidade das pemes e poñer en valor o seu papel no día a día
Creatividade en escena no Concurso de Disfraces do Entroido de Oza-Cesuras
Oza-Cesuras celebrou unha xornada moi participativa na Festa Infantil, cun xurado formado polas comisións parroquiais e representación municipal
A Deputación leva a Navartur a súa aposta por un turismo con territorio, sostibilidade e identidade
A institución provincial estrearase na feira de Pamplona coa CMAT, o xeodestino Ulla-Tambre-Mandeo e catro Plans de Sostibilidade
As Mariñas aportan músculo ó minibasket galego rumbo ó PlanetaMini 2026
A canteira de A Coruña, Oleiros, Culleredo, Sada e Carral gaña peso nas convocatorias mentres a FEB fixa o estatal do 28 de marzo ao 1 de abril en Reus e Salou
O PSdeG acusa o PP de ‘incumprir’ as promesas da fusión de Oza e Cesuras trece anos despois
A deputada Silvia Longueira levou o asunto ao Parlamento e pide á Xunta un plan para a residencia de maiores prometida e un informe que avalíe o impacto económico da unión municipal
Os irmáns Romero, de Oza-Cesuras, pechan o Trial galego 2025 con título e subcampionato
Marcos Romero proclamouse campión en TR2 e Miguel Romero foi subcampión en TR1, nunha tempada na que o Oza dos Ríos Motor Club tamén liderou a clasificación por clubs
A Deputación abre 225.000 euros en axudas para asociacións veciñais e de mulleres co foco no rural
O prazo para pedir as subvencións remata o luns 16 de febreiro, ás 14.00 horas, e a tramitación faise por vía telemática a través de SUBTEL
Vento forte e medidas preventivas polos avisos laranxas na comarca coruñesa
A Xunta suspende as actividades escolares no exterior e a práctica deportiva federada ao aire libre desde as 12.00 horas do mércores 11 ata as 0.00 do xoves 12, e varios concellos activan peches en instalacións municipais
Máis horas de axuda no fogar e reforzo dos equipos sociais en 2026 na provincia da Coruña
A Deputación investirá 8.855.329 euros para financiar 377.991 horas do SAF e a contratación de 177 profesionais en concellos de menos de 20.000 habitantes
Vixilancia nos ríos Valiñas e Mero ante a crecida e o risco de enchentes
O Plan Inungal continúa activado en fase de preemerxencia e os servizos de emerxencias piden evitar as zonas inundables e seguir as recomendacións de autoprotección
‘Mil sabores, cero desperdicio’ trae a Oza-Cesuras un curso de cociña de aproveitamento
As sesións serán no Centro de Maiores de Oza os venres, do 6 de marzo ao 17 de abril (agás o 3 de abril), en horario de 19.00 a 21.00 horas




