As festas de maio enchen Oza-Cesuras de música, comidas populares e actos relixiosos

ACoruñaXa
San Isidro, Bandoxa, Mandaio e Cines concentrarán boa parte da programación festiva do mes, con verbenas, sesións vermú, paelladas, churrascadas e actividades para o público infantil
OZA cesuras festas
11 May 2026

Oza-Cesuras prepara un mes de maio marcado polas celebracións populares, coa música, os actos relixiosos e as comidas veciñais como principais protagonistas. As festas repartiranse por diferentes puntos do municipio e servirán para reunir á veciñanza arredor de citas xa tradicionais no calendario local.

A programación comezará coas festas patronais na honra a San Isidro Labrador, os días 15 e 16 de maio, con misa, procesión, polbo, sesión vermú, sorteos e actuacións musicais. Entre as propostas previstas figuran a Gran Orquestra Compostela, Judith Cundíns e Los Platinos, nunha celebración que contará tamén con campo cuberto con carpa.

A actividade festiva continuará en Bandoxa, onde a comisión organiza o 16 de maio unha comida popular con sesión vermú, tardeo e actuación musical. Ao día seguinte será a quenda de Mandaio, que celebrará a súa Festa das Flores cunha misa, unha gran paellada, festa infantil e verbena co Grupo La Tremenda.

O calendario pechará outra das súas citas destacadas o sábado 30 de maio en Cines, tamén coa Festa das Flores. A xornada incluirá misa solemne, sesión vermú, tardeo, comida popular e música a cargo de Martín Carrión.

Con esta programación, Oza-Cesuras vivirá varias fins de semana de encontro veciñal nas que a tradición, a gastronomía e a música volverán ocupar un lugar central.

0.099061965942383