A excursión ao Feirón de Vilanova de Cerveira esgota todas as prazas en Oza Cesuras

ACoruñaXa
As persoas interesadas aínda poden anotarse na lista de agarda para a saída organizada para o 23 de maio
OZA CESURAS excursión vilanova agotado
14 May 2026

A excursión ao Feirón de Vilanova de Cerveira prevista para o vindeiro 23 de maio completou xa todas as prazas dispoñibles. A proposta tivo unha gran acollida entre a veciñanza, que respondeu con rapidez á apertura das inscricións para participar nesta saída ao tradicional mercado portugués.

Aínda que as prazas están esgotadas, as persoas interesadas poden seguir anotándose na lista de agarda. No caso de que se produzan baixas, terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Oza Cesuras, tal e como estaba previsto nas condicións da actividade.

A saída permitirá visitar un dos feiróns máis coñecidos do norte de Portugal, un mercado moi frecuentado por visitantes galegos e cunha ampla oferta de roupa, calzado, produtos para o fogar, artesanía, alimentación e outros artigos.

As inscricións para a lista de agarda poden realizarse de maneira presencial nas dúas sedes municipais ou a través do teléfono 881 966 760. A excursión manterá as saídas previstas desde Cesuras e Oza para facilitar a participación da veciñanza.

0.12914705276489