Novas de Oza Cesuras
O 30º Rallye da Coruña pon a comarca en modo motor e obriga a planificar desprazamentos
Betanzos cortará a rúa dos Ánxeles desde as 8.00 horas do sábado e haberá estradas pechadas nos tramos cronometrados por Coirós, Aranga, Oza-Cesuras, Cerceda, A Laracha e Culleredo
Peche temporal do ximnasio municipal de Salto por obras de mellora
As instalacións do Loureiro permanecerán pechadas desde este mércores 25 de febreiro e ata novo aviso, aínda que o Concello manterá as actividades deportivas nun espazo alternativo habilitado
Creatividade en escena no Concurso de Disfraces do Entroido de Oza-Cesuras
Oza-Cesuras celebrou unha xornada moi participativa na Festa Infantil, cun xurado formado polas comisións parroquiais e representación municipal
Alerta laranxa por crecidas no Mendo e chamada a extremar a precaución
Augas de Galicia detectou un aumento do caudal na estación Mendo e a Xunta mantén activado o Plan Inungal en fase de preemerxencia para reforzar a vixilancia
A Deputación leva a Navartur a súa aposta por un turismo con territorio, sostibilidade e identidade
A institución provincial estrearase na feira de Pamplona coa CMAT, o xeodestino Ulla-Tambre-Mandeo e catro Plans de Sostibilidade
A borrasca Oriana deixará un sábado con vento e mar axitado na costa da Coruña
MeteoGalicia mantén avisos por fenómeno costeiro no tramo Coruña Noroeste e prevé ondas de 5 a 6 metros, mentres no interior o tempo irá a menos co avance das altas presións
O Deportivo convoca en Abegondo ao prebenxamín Aldán Fandiño do CF Oza-Cesuras
O xogador participará nunha xornada de adestramento o venres 20 de febreiro no Deport Training Center, cunha citación ás 18.15 horas e sesión de 19.00 a 20.30 horas
Máis horas de axuda no fogar e reforzo dos equipos sociais en 2026 na provincia da Coruña
A Deputación investirá 8.855.329 euros para financiar 377.991 horas do SAF e a contratación de 177 profesionais en concellos de menos de 20.000 habitantes
Vixilancia nos ríos Valiñas e Mero ante a crecida e o risco de enchentes
O Plan Inungal continúa activado en fase de preemerxencia e os servizos de emerxencias piden evitar as zonas inundables e seguir as recomendacións de autoprotección
‘Mil sabores, cero desperdicio’ trae a Oza-Cesuras un curso de cociña de aproveitamento
As sesións serán no Centro de Maiores de Oza os venres, do 6 de marzo ao 17 de abril (agás o 3 de abril), en horario de 19.00 a 21.00 horas
Oza-Cesuras achega a astronomía ao alumnado co obradoiro Starlight no CEIP Plurilingüe Bragade
A actividade, dirixida a 5º e 6º de Primaria, enmárcase no programa ‘Educando na Biosfera’, vinculado á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Veciñanza de Loureda, en Oza-Cesuras, reclama unha solución para unha pista impracticable ‘tres anos despois do primeiro aviso’
O camiño, con grandes pozas e rodeiras, volve poñer o foco no desgaste das vías rurais nun concello cunha forte actividade forestal e con plans de mellora en marcha
Oleiros lidera unha acción conxunta para levar á Xunta aos tribunais polo financiamento da Dependencia e do SAF
Alternativa dos Veciños pide á Deputación da Coruña que cree unha oficina de apoio técnico e xurídico e asuma custos e defensa legal para os concellos que se sumen
A Deputación destina 6,98 millóns de euros á comarca de Betanzos na primeira fase do Plan Único 2026
A deputada Cristina García Rey visitou obras do POS en Coirós, concello que suma máis de 3,97 millóns de euros desde 2017
Carraceda celebrará o Entroido 2026 cunha comida popular e baile de disfraces
A Asociación de Veciños organiza a cita o domingo 15 de febreiro no Local Social de Cines, con música en directo de Eric Hidalgo
O Entroido de Cesuras quenta motores cun gran cocido en Monte-Medela
A Comisión de Festas de Bragade organiza un xantar o sábado 7 de febreiro desde as 13.00 horas, con sesión vermú, tardeo con Aixa Romay e ambiente de disfraces
Oza-Cesuras pecha un acordo coa Peña Cis para as equipacións da tempada 2025-2026
O Concello subliña o seu apoio ás peñas e colectivos deportivos locais para impulsar a participación, o compañeirismo e a vida activa
A Deputación da Coruña convoca a V edición dos Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais con 42.000 euros en galardóns
As entidades sociais sen ánimo de lucro da provincia poden presentar candidaturas ata o 3 de febreiro de 2026, ás 14.00 horas, a través da plataforma SUBTEL
Carres celebra as festas de San Vicente 2026 con dous días de misa, sesión vermú e verbena co Grupo Montreal
As celebracións serán o sábado 24 e o domingo 25 de xaneiro e contarán con carpa climatizada no campo
A Deputación da Coruña lanza axudas por 225.000 euros para asociacións veciñais e de mulleres
A convocatoria, publicada no BOP, financiará actividades de dinamización económica e social ao longo de 2026, con subvencións de entre 1.200 e 10.000 euros
Mandaio celebra a festa de San Xulián o 11 de xaneiro con misa, sesión vermú e gastronomía popular
A xornada arrancará ás 13.30 h na igrexa parroquial e continuará ás 14.30 h coa música de Eric Hidalgo, con callos, orella á feira, sorteo e carpa no campo
A Deputación da Coruña abre dúas liñas de axudas por 2 millóns de euros para impulsar a promoción económica en 2026
As subvencións van dirixidas a entidades empresariais sen ánimo de lucro e a concellos de menos de 50.000 habitantes, con solicitudes do 16 de xaneiro ao 16 de febreiro
A maxia dos Reis Magos chega a Oza-Cesuras cun encontro infantil no pavillón de Dordaño
A cita será o luns 5 de xaneiro ás 17.00 no Pavillón Casagrande de Dordaño, con hinchables, merenda e a entrega de cartas ás Súas Maxestades
A cadete Rosalía Veiga levará o nome de Oza-Cesuras ao Campionato de España de seleccións autonómicas de balonmán
A xogadora foi convocada coa Selección Galega Cadete Feminina para o CESA, que se celebrará en Cataluña do 3 ao 8 de xaneiro



