Un curso gratuíto en Oza Cesuras axudará ás persoas maiores a manexar a banca dixital con seguridade

O Concello de Oza Cesuras acollerá este mes de xuño o curso presencial gratuíto ‘A túa banca dixital. Compras seguras en liña’, unha iniciativa pensada para achegar as novas tecnoloxías ás persoas maiores de 60 anos e reforzar a súa autonomía no uso de Internet.
A formación permitirá ás persoas participantes aprender a utilizar servizos dixitais de maneira práctica e segura, con especial atención á banca en liña e ás compras a través de Internet. O programa está adaptado a todos os niveis e busca resolver dúbidas frecuentes sobre privacidade, protección de datos, identidade dixital, videollamadas, redes sociais ou aplicacións de saúde e ocio.
O prazo de inscrición permanecerá aberto do 1 ao 10 de xuño. As persoas interesadas poderán anotarse chamando ao teléfono 881 966 760 ou de forma presencial no Centro de Maiores e en Cesuras.
As sesións desenvolveranse os días 22, 23, 25 e 26 de xuño, en horario de 10.00 a 13.00 horas. O curso terá lugar na sede de Oza, situada no lugar de Lois, 33.
Con esta actividade, Oza Cesuras súmase ás propostas orientadas a reducir a fenda dixital e a facilitar que as persoas maiores poidan desenvolverse con máis confianza nunha contorna cada vez máis tecnolóxica.