Novas de A Coruña
Un documental sobre Amílcar Cabral recupera no Fórum Metropolitano o legado da loita anticolonial africana
A película proxectarase o luns 2 de novembro no cine do Fórum, nunha sesión que contará coa presenza do seu director, Carlos Pronzato, e coa colaboración da asociación veciñal Oza-Gaiteira–Os Castros
Os Museos Científicos Coruñeses ofrecerán nove días de entrada gratuíta pola Semana da Ciencia
O Aquarium Finisterrae, a Casa das Ciencias e a Domus abrirán todos os días de 10:00 a 19:00 horas, aínda que algúns espazos e actividades requirirán reserva previa
O colectivo de persoas xubiladas da CIG convoca mobilizacións en sete cidades galegas
Baixo o lema "Somos maiores, tamén queremos vivir dignamente" reclaman un Plan de Choque con medidas fronte á carestía da vida
A Coruña reorganiza o transporte urbano con cambios na liña 11 e reforzos por Todos os Santos
O Concello recupera o paso dos autobuses pola avenida da Sardiñeira con catro novas paradas e establece servizos especiais para facilitar os desprazamentos aos cemiterios municipais
A Delegación do Goberno e a Deputación da Coruña homenaxean as vítimas do accidente de Urda
As dúas institucións gardaron este xoves cadanseu minuto de silencio para expresar as súas condolencias ás familias das persoas falecidas e o seu apoio ás afectadas pola traxedia ferroviaria
A Coruña destina 118.605 euros a 47 entidades sociais para financiar os seus proxectos
As axudas municipais apoian iniciativas nos ámbitos da discapacidade, a saúde e a inclusión social, mentres que as convocatorias de Igualdade e Participación resolveranse nas próximas semanas
Tres curtametraxes galegas entran na preselección dos Premios Goya
'El cuerpo de Cristo', de Bea Lema; 'Lucus', de David Fidalgo Omil, e 'Cara de cona', de Guillermo de Oliveira, figuran entre os 45 traballos que optan ás candidaturas da 41º edición do galardóns
Pontón sitúa A Coruña como clave para reforzar a voz do BNG en Madrid o 29N
A portavoz nacionalista pide concentrar o voto galego no Bloque e reivindica o traballo realizado no Congreso e no Senado, mentres Néstor Rego comprométese a seguir defendendo os intereses de Galiza e Avia Veira reclama máis forza para impulsar as necesidades da Coruña.
O COAG Coruña reúne cinco equipos de arquitectura para debater sobre vivenda e profesión
O faladoiro celebrarase este mércores ás 18.00 horas na sede colexial e contará coa participación de estudios da Coruña, Ferrol e Santiago e dun equipo de novas arquitectas da UDC
'Bodas con Alma' reunirá en A Coruña a profesionais do sector nupcial e parellas que preparan o seu enlace
O foro celebrarase o 27 de outubro no Palacio da Ópera e o 3 de novembro en PALEXCO, con mesas redondas sobre moda, decoración, gastronomía, fotografía e outras tendencias para as vodas de 2027
O PP da Coruña alerta do aumento dos roubos e reclama máis policías e a recuperación da Policía de Barrio
Os populares aseguran que os roubos con violencia medraron un 35 % no primeiro semestre de 2026 e sitúan o foco nos problemas de convivencia asociados a presuntos narcopisos en distintos barrios da cidade
As protestas contra Vox e as cargas policiais esténdense polas sete cidades galegas
As mobilizacións sucedéronse tras a visita de Santiago Abascal á Coruña, onde os incidentes do mércores deixaron persoas feridas e detidas
Case 150 nadadores participaron na Coruña nos XXVIII Xogos Autonómicos de Natación de Special Olympics
A piscina municipal de Riazor reuniu deportistas con discapacidade intelectual de 15 entidades galegas nunha xornada que promoveu a inclusión, a convivencia e a igualdade de oportunidades a través do deporte
Xabier Doural, o compositor de Foz que conquista os premios World Soundtrack Awards
O músico de Foz foi distinguido como mellor compositor novo en Bélxica tras ser seleccionado entre 123 candidatos polo seu traballo coa serie estadounidense 'Ratched'
Riazor levantará unha duna de máis de dous metros para frear os temporais de inverno
Os traballos comezarán o luns 26 de outubro e prolongaranse durante a próxima semana. A barreira de area permanecerá na praia ata mediados de maio de 2027 para reducir o impacto das ondas sobre o Paseo Marítimo
A II Copa Deputación de Baile Deportivo reúne 325 participantes no Pazo dos Deportes de Riazor
A competición, puntuable para o ránking nacional, contou con deportistas de Galicia, doutras comunidades e de Portugal
A Grela gañará case 22.000 metros cadrados para novas dependencias do transporte urbano
O Concello da Coruña aproba definitivamente a reparcelación do antigo cuartel de Automóbiles, un paso que permitirá urbanizar a parcela e destinala a cocheiras e outros servizos públicos.
Eventos
O Mercado das Nubes de Nadal abre a selección de postos cun límite de 65 participantes
As marcas e os produtores interesados poderán presentar a súa candidatura ata o 6 de novembro
Bolaños pecha o DATAfórum Xustiza na Coruña cunha crítica aos posibles recortes do PP
O ministro clausurou o encontro sobre dixitalización xudicial en Palexco e advertiu das consecuencias que, ao seu xuízo, poderían ter as propostas de Feijóo en igualdade, pensións e dereitos sociais
A Coruña recibirá máis de 7 millóns de euros para impulsar as políticas de vivenda
Os fondos estatais están vinculados á declaración de zona tensionada e Inés Rey reclama á Xunta que transfira os recursos ao Concello para executar o plan municipal de vivenda
Alternativas na Xustiza denuncia que o 75 % do persoal xudicial da Coruña quedará sen formación presencial sobre ATENEA
O sindicato reclama á Xunta que amplíe a formación sobre o novo programa de xestión xudicial e advirte de problemas na súa implantación e no funcionamento da nova oficina xudicial
Convocadas mobilizacións en toda Galicia tras o acontecido na protesta contra VOX na Coruña
As concentracións celebraranse o domingo 25, ás 12.00 horas, na Coruña, Vigo, Ourense, Compostela, Lugo, Ferrol e Pontevedra
Os sindicatos ameazan con manter as protestas no transporte de mercadorías da provincia da Coruña se non se retoma a negociación
CCOO, UGT e CIG concentráronse no polígono de Río do Pozo, en Narón, para reclamar á patronal avances no convenio colectivo e melloras salariais e laborais
Besteiro pide protestas pacíficas contra Vox e rexeita a violencia nos incidentes da Coruña
O líder do PSdeG defende o dereito a manifestarse contra as políticas da formación de Santiago Abascal, pero evita pronunciarse sobre a actuación policial ao non presenciar os feitos










