AcorunaXA
O paseo costeiro entre Naval e Canide segue sen poder saír a contratación por un informe pendente
O Concello de Oleiros asegura que leva máis de oito meses á espera dunha autorización e advirte de que a obra, con máis dun millón de euros de investimento, xa debería estar contratada
Unha xornada de voluntariado loitará contra a expansión da uña de gato no litoral de Arteixo
A actividade será gratuíta e permitirá retirar esta especie invasora da contorna do Areal de Alba, en Sabón, o domingo 16 de agosto
As familias das escolas infantís municipais reclaman certezas sobre o futuro dos proxectos educativos
O PP da Coruña reuniuse con representantes das ANPAS, que trasladaron a súa preocupación pola situación da rede mentres segue aberto o debate sobre os novos pregos do servizo
A Guerra Civil chega ás viñetas nunha das grandes exposicións de Viñetas desde o Atlántico
A Casa Museo Casares Quiroga acolle ata o 27 de setembro a adaptación gráfica das obras de Paul Preston realizada por José Pablo García
O Guísamo Folk celebra os seus 25 anos cunha noite de música tradicional e novos sons
Alana presentará o seu disco 'Un saber' o sábado 22 de agosto no Campo da Feira de Guísamo, nunha edición que contará co cartel de concertos máis amplo da historia do festival
O Pazo de Meirás xa é oficialmente Lugar de Memoria Democrática
O histórico inmoble de Sada entra no Inventario estatal tras culminar un proceso iniciado hai un ano e queda recoñecido como un espazo clave para comprender a historia de Galicia e España
A CIG-Saúde denuncia presións sobre Atención Primaria para reducir as baixas laborais
O sindicato acusa o Goberno do PP e a Alfonso Rueda de condicionar o criterio das médicas e médicos de familia e reclama que se fagan públicas as posibles instrucións ou obxectivos para reducir as incapacidades temporais
Avenida de Fonteculler dará un xiro radical cunha transformación de 826.000 euros
A actuación renovará 860 metros desta vía de Culleredo con novas beirarrúas, máis árbores e zonas verdes, paradas de autobús accesibles e melloras na seguridade viaria
Tres novos días de folga para o comercio de alimentación da Coruña ante o bloqueo do convenio
CIG, CCOO, UGT e USO convocan paros o 15, 16 e 17 de agosto e anuncian unha manifestación para o luns 17 na cidade da Coruña
Doce horas de música, tradición e natureza: así será o Festival de Sisalde en setembro
A fraga de Sisalde acollerá o 5 de setembro unha gran romaría popular con Luar na Lubre, Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre, Entresons, artesanía galega e actividades para toda a familia
390.000 euros para transformar a Estrada da Praia de Miño con novas beirarrúas, zonas verdes e máis accesibilidade
A actuación permitirá renovar 2.265 metros cadrados de espazo peonil e eliminar barreiras arquitectónicas nunha vía de uso diario para familias, estudantes e deportistas
Un gol de Brahim en Riazor dá ao Real Madrid o Trofeo Teresa Herrera
O equipo branco impúxose por 0-1 ao Deportivo nun partido moi igualado e suma o seu décimo título no histórico torneo coruñés
GaliciaXa
Galicia vive unha xornada histórica coa eclipse total de Sol que reuniu milleiros de persoas en rúas, praias e miradoiros
A Terra Chá, Sarria, Lugo, Ribeira Sacra e Ferrol gozaron dunha observación case perfecta, mentres que as nubes limitaron a visibilidade en boa parte da Mariña e da Coruña
Récord histórico de participación no 30º CEAX Autocross Arteixo con 146 pilotos en Morás
A edición do aniversario iguala a maior cifra de participantes do Campionato de España no circuíto e consolida a proba como unha das grandes citas do autocross galego
O regreso da eclipse deixa retencións nos accesos á Coruña e colas na AP-9
Miles de persoas abandonaron a cidade e outros puntos de observación ao mesmo tempo tras o fenómeno, provocando circulación lenta tanto na saída como en varios puntos da autoestrada
Máis de 225.000 persoas converten A Coruña nun gran miradoiro durante a histórica eclipse solar
A cidade viviu unha xornada multitudinaria que combinou o fenómeno astronómico co Teresa Herrera e unha ampla programación cultural
Un novo bloqueo deixa a Cambre sen orzamentos de 2026 e mantén prorrogadas as contas de 2024
Unión por Cambre vota en contra dunhas contas de 22,2 millóns de euros que si recibiron o apoio do PP e Alternativa dos Veciños, mentres PSOE, BNG e a concelleira non adscrita se abstiveron
Tras a eclipse, o fútbol toma o relevo na Coruña co regreso do Real Madrid ao Teresa Herrera
O Deportivo mídese esta noite ao conxunto branco en Riazor, trece anos despois da súa última participación, na 81ª edición dun dos torneos máis tradicionais do verán coruñés
O festival Autobán regresa á Coruña con dous días de fanzines, cómic e creación independente
A 12ª edición reunirá esta semana a preto dun centenar de artistas no Circo de Artesáns e na Praza de San Andrés, con mercados, obradoiros, música e o tradicional Combate de Debuxantes
Unha obra de 128.000 euros levará o saneamento a Covas e axudará a combatir as inundacións de Miodelo
Os traballos permitirán tamén renovar a rede de abastecemento e desviar parte das augas pluviais que baixan cara á zona baixa durante os episodios de chuvia
A Gaiteira renderá homenaxe a Cañita Brava cunha placa conmemorativa durante as festas do barrio
O recoñecemento terá lugar este venres e lembrará a figura dun dos personaxes máis populares e queridos da historia recente da zona
O comité de Tranvías da Coruña denuncia a ruptura das negociacións do convenio tras once reunións
A representación sindical acusa á empresa de bloquear o acordo pese aos avances e reclama que retome o diálogo para mellorar os salarios e as condicións laborais
A eclipse total de Sol xa está aquí: así se verá nos concellos da comarca da Coruña
O fenómeno astronómico do 12 de agosto deixará máis dun minuto de totalidade en toda a comarca, aínda que haberá pequenas diferenzas segundo o municipio
O futuro do CEIDA volve quedar pendente da renovación do convenio e da dirección
O Concello de Oleiros denuncia que os trámites levan meses sen avanzar, mentres a Xunta defendeu en maio a continuidade e o funcionamento do centro ambiental




