AcorunaXA
ACoruñaXa
'A provincia que sabe' da Deputación conquista a feira Horeca Ibiza
A entidade provincial participou nesta feira sectorial na illa balear promocionando os saberes e sabores coruñeses da man de produtores locais e do chef de Nado, Iván Domínguez que impartiu un showcooking
Tres profesoras portuguesas visitan Cambre como parte do programa 'Job Shadowing'
As docentes visitaron este mércores a Biblioteca Central do municipio. O programa trátase dunha técnica educativa que implica pasar un período breve de tempo nun lugar para observar e coñecer en primeira persoa o traballo
ACoruñaXa | OurenseXa
Renfe transportou a 1,5 millóns de pasaxeiros entre A Coruña e Ourense no 2023
O PP da Coruña pide información ao Concello sobre a compra de material na emerxencia sanitaria
Os populares levarán ao pleno de marzo esta solicitude alegando que o Concello da Coruña non publicou ningún dos contratos adxudicados por este método durante a emerxencia sanitaria do Covid
ACoruñaXa
A Deputación destina 339.000 euros a apoiar 18 proxectos de cooperación internacional
Entre os programas figuran 'Escola Coruña', para o mantemento dun centro educativo en Senegal e o 'Viaxe cara a vida', que permite traer a nenos e nenas de países africanos para ser operados no CHUAC
ACoruñaXa
As Asociacións de Escritores reivindican a inclusión da Escrita Creativa na Lei de Ensinanzas Artísticas
A reivindicación chega depois de que o Consello de Ministros aprobase a Lei de Ensinanzas Artísticas na que queda excluída a ensinanza da Escrita Creativa
O PSdeG de Arteixo piden actuacións inmediatas na Travesía de Arteixo e no Pavillón Ponte dos Brozos
Os socialistas de Arteixo piden ir “máis aló de concursos de ideas” e pedirán no pleno de febreiro que o goberno local realice actuacións de acondicionamento na Travesía de Arteixo dende o centro médico ata o cruce de Candame coa Avenida de Arteixo e no Pavillón Infantil Ponte dos Brozos
Alternativa dos Veciños denuncia a precariedade no servizo de pediatría en Arteixo
Alternativa dos Veciños presentou unha moción sobre a precariedade no servizo de pediatría nos centros de saúde de Arteixo, que se tratará no pleno ordinario de febreiro que se celebrará o próximo xoves día 29
Oleiros organiza o programa deportivo Móvete+ para pacientes de oncoloxía
O programa está dirixido a mulleres empadroadas no Concello de Oleiros que están nalgún proceso oncolóxico ou que xa o pasaron. As actividades celebraranse os venres na Pista Polideportiva cuberta de Meixonfrío en Santa Cruz
Invístense 1,7 millóns de euros na remodelación integral da avenida de Santa Cristina en Oleiros
Os traballos servirán para reordenar a estrada de acceso á praia de Santa Cristina cun deseño máis estético e accesible e ampliando as áreas de estancia para as persoas
O alumno da UDC Manuel Taibo, campión do Mundo Universitario de patinaxe de velocidade
O galego acaba de conseguir a medalla de ouro na proba de 'Mass Start' (saída en masa) do Campionato do Mundo da modalidade de patinaxe de velocidade que se celebrou en Hamar (Noruega) do 22 ao 25 de febreiro
Amplíase a información ás familias sobre a formalización da matriculación nos centros escolares da cidade
O actual proceso de escolarización está destinado a quen comeza o colexio en segundo ciclo de Educación Infantil ou en Educación Primaria por primeira vez ou solicitan praza porque estaban escolarizados noutra cidade. O prazo estará aberto do 1 ao 20 de marzo
O BNG insta ao Concello a facer a rehabilitación e musealización da casa na que viviu Rosalía de Castro
A concelleira nacionalista, Mercedes Queixas, demanda que o Goberno Local chegue a un acordo con Abanca, propietaria do inmoble, que actualmente está pechado ao público
O PSOE de Arteixo urxe ao Concello medidas contra o aumento de delincuencia en Meicende
A portavoz socialista, Ana Cedeira, relata que o núcleo de Meicende está a vivir “un dos seus peores momentos polo incremento da delincuencia” polo que ademais do aumento da presencia policial, son necesarias actuacións urbanísticas e de mellora do mobiliario urbano e a iluminación
A Banda Municipal de Música actuará este xoves no Ágora con Antonio Barros como convidado
O artista, oriúndo de Tameiga (Mos), será o protagonista dunha actuación na que o público asistente poderá gozar cunha programación inspirada na música de verbena
O Club Natación Arteixo afiánzase con dez metais no campionato de España Open celebrado en Sabadell
Oo evento acudiron seis deportistas arteixáns, entre eles os galardoados en probas individuais foron Paula Otero, cun ouro, tres pratas e dous bronces, nas probas de 1500, 800 e 400 libre, e Mateo García, que acadou dúas pratas e dous bronces nas mesmas probas
Inaugúrase no Palexco a mostra que recolle o legado do arquitecto galego Antonio Palacios
A mostra chega á Coruña ata o 12 de abril grazas ao convenio existente entre o Concello e a Fundación Arquitectura COAM, co que a cidade recibe exposicións de interese nacional no eido da arquitectura
O Concello de Oleiros esixe á Xunta que realice canto antes o saneamento do porto no Lorbé
Dende o Concello de Oleiros destacan que o saneamento portuario é unha competencia autonómica, xa que a Xunta é a propietaria do porto e a encargada do seu funcionamento
O BNG de Betanzos solicita ao Concello información sobre a situación do Complexo San Roque
O concelleiro nacionalista Salvador González denuncia que "hai 3 anos o Pleno aprobou co apoio do BNG tomar medidas legais para o desafiuzamento da empresa concesionaria e que 3 anos despois segue sen avanzarse no asunto"
Estudantes do IES Rafael Puga Ramón inician unha campaña contra o vandalismo
O instituto, dependente da Deputación da Coruña, é un dos dez centros educativos de Galicia que participan nun proxecto pioneiro promovido pola Fundación Barrié e a Asociación para a Prevención e a Educación Social
O Teatro Colón acollerá o 16 de marzo a gala dos premios culturais da Deputación
A gala foi presentada este luns pola deputada de Cultura, Natividade González; a condutora da velada, a actriz Sabela Arán, e Lucía Aldao, de Aldaolado, un dos dous nomes, canda Satélite Salitre, que lle poñerán música á noite
O Concello de Arteixo pide á Deputación un convenio para facer a segunda residencia pública de maiores
O goberno municipal solicita o ente provincial que o inclúa no programa de construción dunha rede de residencias públicas que vai implantar centros en As Pontes, Ordes e Rianxo
Betanzos aposta pola mellora dos seus mercados semanais e das feiras mensuais
O Concello anuncia que deseñará postos propios de venda para os mercados semanais e reorganizará a localización das feiras mensuais do municipio co obxectivo de potenciar o venda de produtos locais
Os populares de Oleiros denuncian que o alcalde tenta silenciar á oposición
O partido da oposición reclama que o grupo municipal levará ao pleno unha modificación do regulamento orgánico municipal coa fin de limitar o número de mocións que poden presentar os grupos municipais
Bergondo pon en marcha o programa 'En Bergondo coidamos'
As actividades do programa son gratuítas e desenvolveranse entre os meses de marzo e xuño no edificio da Senra. O obxectivo é mellorar o benestar das persoas que coidan aos seus familiares en situación de dependencia




