Betanzos celebrou o Día de Rosalía o venres 23 co acto 'Pensando en ti, Rosalía'

ACoruñaXa
O evento reuniu ao alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín, do CPR Nosa Señora do Carme, do IES As Mariñas e o coro do IES Francisco Aguiar nunha homenaxe conducida por Pablo e Antía, do IES As Mariñas
Ao acto 'Pensando en ti, Rosalía' acudiron estudantes dos colexios de Betanzos
26 Feb 2024

O Concello de Betanzos celebrou o Día de Rosalía de Castro este venres 23 de febreiro co acto central en homenaxe á escritora galega que tivo lugar na Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns ás 19.00 h, que organizou xunto coa Asociación Cultural Eira Vella e en colaboración con todos os centros de ensino de Betanzos, a través dos equipos de dinamización lingüística, e coa Asociación Cultural A Fuliada, a Asociación Gastronómica, Deportiva e Cultural Lar de Unta, o Colectivo feminista das Mariñas e algúns veciños como Pepe Dopico.

'Pensando en ti, Rosalía' reuniu ao alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín, do CPR Nosa Señora do Carme, do IES As Mariñas e o coro do IES Francisco Aguiar nunha homenaxe conducida por Pablo e Antía, do IES As Mariñas, na que houbo música, lembranzas e poemas e tamén se lerá o manifesto da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega 'Rosalía: o amor da patria galega'.

O Concello de Betanzos organizou esta homenaxe dentro da programación do Día de Rosalía de Castro a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, que está subvencionado pola Deputación provincial da Coruña e pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

0.18032503128052