Bergondo asina un convenio de colaboración con 11 entidades sociais do municipio

ACoruñaXa
O importe total das axudas alcanza os 63.500 euros e contempla desde mantemento de espazos a contratación de persoas con discapacidade no municipio
Imaxe da reunión simbólica celebrada este martes en Bergondo coas entidades sociais
Imaxe da reunión simbólica celebrada este martes en Bergondo coas entidades sociais
27 feb 2024

O Concello de Bergondo celebrou este martes o acto de formalización dos convenios de colaboración e protocolos de actuación con entidades sociais que desenvolven actividades dentro do municipio. O evento, que se desenvolveu na biblioteca do edificio A Senra, estivo centrado na firma simbólica -pois os acordos asínanse de maneira telemática- da colaboración entre o Concello e 11 entidades do terceiro sector.

O obxectivo deste acto é, por unha banda, a colaboración con organismos que desenvolvan os seus proxectos en Bergondo ou arredores e, por outra, impulsar iniciativas conxuntas entre as propias asociacións dirixidas a persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade.

Entre os acordor asinados hoce están o de Anhida Coruña para a promoción de actividades para integrar ás persoas con TDAH; o de APEM, contemplando a contratación de persoas con enfermidades mentais; o de TP Galicia, apoiando na sensibilización social sobre as persoas con trastornos de personalidade; o de Dismacor, a quen se axudará no seu traballo de integración de persoas con discapacidade intelectual; ou o de Aspace, recollendo no acordo asistencia na promoción de servizos e programas para a inclusión social das persoas con algún tipo de discapacidade.

Tamén se apoiará a través destes convenios a Aspadisol, axudándolles a manter os seus centros para persoas con parálise cerebral; á Fundación Mujeres, que busca mellorar a situación social das mulleres; e a Mirabal, para mellorar a calidade de vida das vítimas de violencia de xénero.

A Cogami axudaráselle a través dun protocolo xeral de actuación, coordinando coa asociación programas de asistencia para persoas con discapacidade; a Asociación Párkinson Galicia-Coruña potenciaránselle as súas actuacións coas persoas con esta doenza; e Afaco axudaráselle nos seus programas con persoas afectas polo Alzheimer e outras demencias.

No seu conxunto, o importe das subvencións a estas asociacións alcanza os 63.500 euros e supón un importante impulso para a execución de programas sociais en Bergondo.

Durante o encontro, a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, sinalou que “ou terceiro sector desenvolve un papel funamental na transformación e ou progreso dá comunidade. Estas entidades sociais abordan retos complexos, pois vos problemas sociais non pairan de medrar e cada vez élles máis complicado facer ou seu labor”. Por iso, subliñou que “ou financiamento, a colaboración, a visibilidade ou a optimización de recursos son preocupacións persistentes nestes organismos e por iso, dende ou Concello, buscamos crear alianzas estratéxicas para amplificar ou seu impacto e facer máis ben na nosa comunidade”.