AcorunaXA
O Concello da Coruña recuperará o Miradoiro de Santo Amaro
Renovaranse o pavimento e os pasamáns e instalarase un panel informativo sobre a historia da pasarela como antiga estrutura de canteira
A Xunta afianza en Paderne o seu compromiso coas empresas agroalimentarias
Dentro da aposta pola innovación, a Xunta convocou unha nova liña de axudas destinada para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cun orzamento de 2,5 millóns de euros
O Museo de Belas Artes acolle a rodaxe do documental 'Hoxe e o resto do mundo' sobre Sargadelos
Un equipo da productora Matriuska está a gravar en diversas localizacións das provincias da Coruña e Lugo para reconstruír o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica
Oleiros abre o prazo de solicitude das vivendas sociais de Perillo, Dorneda e Mera
Todas as persoas preinscritas no formulario habilitado na web municipal serán informadas polo Concello do procedemento a seguir para formar parte das cooperativas
O Concello de Arteixo amplia as axudas de accesibilidade ás vivendas unifamiliares
O Goberno local aprobou unhas bases reguladoras que ademais de subvencionar a instalación de ascensores nos edificios tamén ofrece axudas aos propietarios de unifamiliares que melloren a súa accesibilidade
ACoruñaXa
A Provincia da Coruña conta con 162 centros escolares con clubs de lectura
Os clubs de lectura están concibidos como espazos de aprendizaxe e de convivencia, onde se fomenta a adquisición de competencias lectoras, o traballo en equipo e o intercambio de experiencias
Coruña recuperará o estanque do Monte de San Pedro con novas especies e vexetación
O proxecto contará cun orzamento de 57.734,44 euros, subvencionados ao 90% con fondos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU
O PSOE de Arteixo levará ao Pleno o desmantelamento da pista multixogo do Centro de Saúde
O goberno municipal planifica construír unha nova pista preto do Parque Central despois de desmantelar a construída no 2014 na contorna do Centro de Saúde cun orzamento perdido de 50.000 euros
Cambre remite os primeiros expedientes de revisión para avanzar no pago da débeda a provedores
A alcaldesa, María Pan, apunta que se trata dun paso “esencial que seguimos en base ás recomendación da Intervención municipal”
Maika Makovski actuará no Teatro Colón como parte do ciclo 'Elas son Artistas'
En abril tamén actuarán a venezolana Georgina, na Sala Mardi Gras, dentro da Festa de presentación desta sétima edición, e a arxentina GUADA, no Auditorio da Fábrica, no Concello de Oleiros
O campamento 'Cullerolimpíadas' botou a andar esta semana en Culleredo
Dirixido a nenos de 3 a 12 anos, comezou no CEIP Vila de Rutis e se desenvolvera ao longo desta Semana Santa permitindo a conciliación familiar
O CEIP Wenceslao Fernández Flórez, participará nun intercambio escolar con Portugal
O intercambio terá lugar do 22 ao 24 de abril, desprazándose o alumnado de Felgueiras á Coruña; e do 8 ao 10 de maio para a aula 5º B do CEIP Wenceslao Fernández Flórez, que viaxará ao municipio de Felgueiras
O BNG da Coruña pedirá no Pleno mellorar a accesibilidade do Barrio das Flores
Sinalan que un veciño do Barrio das Flores cunha discapacidade recoñecida do 92% xa leva presentados dous escritos no rexistro do Concello e que estes aínda non foron solucionados polo Goberno local
A Cidade Deportiva da Torre acolle a II Copa Irene González Basanta de fútbol feminino
O Orzán SD será o anfitrión do evento xuvenil de fútbol feminino que se disputará entre o xoves e venres na cidade e no que se enfrontará ao Real Madrid, Great Falls Reston e SL Benfica
A provincia da Coruña, líder na rápida obtención das notas dos exames de conducir
A subdelegada do Goberno na Coruña explicou que as persoas que se examinen poderán solicitar o alta en cl@ave no mesmo momento de realizar a proba, o que lles permitirá coñecer o resultado tan só unha hora despois da mesma
Inés Rey supervisou este luns o avance das obras do novo mercado municipal de Monte Alto
Durante a súa visita a rexedora destacou que “os traballos continúan cumprindo os prazos estimados desde a súa posta en marcha”
Cambre pon fin á exposición 'Historias detrás dun cadro' cunha charla de Juan Massana
A actividade levará a cabo os días 2 e 3 de abril na Casa da Cultura Vila Concepción. Mentres que a exposición poderá visitarse ata o 4 de abril
O Goberno inviste en Bergondo máis de 6 millóns na mellora de servizos e infraestruturas
Pedro Blanco, acompañado da subdelegada na provincia, mantivo este luns unha reunión de traballo coa alcaldesa de Bergondo onde abordaron o avance na execución da glorieta en Guísamo, na Nacional VI
Bergondo organiza unha viaxe dunha fin de semana a Braga e Guimaraes
Ofrécense 54 prazas e terán preferencia aquelas persoas que estean empadroadas en Bergondo e que sean maiores de 55 anos
Un artigo de investigadoras da UDC analiza o impacto da velutina na produción de uva
O impacto da velutina na produción de uva é analizado por primeira vez nun artigo internacional realizado por investigadoras da Universidade da Coruña
O Coro Infantil e o Coro Xove da OSG actúan este martes no Teatro Colón
A canteira da agrupación protagoniza unha actuación que tocará unha ampla diversidade de xéneros e ritmos, con composicións de Händel, Karl Jenkins, Rachmaninov e tamén ritmos brasileiros
Betanzos remite á Xunta o Plan Xeral para a súa avaliación ambiental
O Concello de Betanzos remite o Plan Xeral á Xunta para a súa avaliación ambiental como paso previo á resolución das alegacións e a súa aprobación provisional
As bibliotecas municipais e os centros cívicos ofertan esta semana actividades para cativos
Os centros cívicos e bibliotecas municipais contarán con actividades gratuítas para menores co obxectivo de facilitar a conciliación das familias durante as vacacións da Semana Santa




