O Goberno receptivo co plan de Alternativa dos Veciños de Bergondo na travesía de Guísamo

ACoruñaXa
A resposta positiva da Delegación do Goberno para abordar esta demanda da Alternativa dos Veciños, tramitada a través do Concello de Bergondo, foi acollida con grande satisfacción na agrupación municipal
casa-do-concello-bergondo
casa-do-concello-bergondo
27 mar 2024

Alternativa dos Veciños de Bergondo informan de que o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible

Aínda que, os concelleiros da Alternativa agardan igualmente que as obras e proxectos actualmente en marcha financiados ou xestionados directamente polos departamentos do Goberno central, as rotondas da N6 en Guísamo, a travesía de Cortiñán, a contención de taludes no Regueiro e a reforma enerxética da Casa Consistoria, poidan avanzar sen contratempos e nuns prazos razoables.

En base a un documento elaborado pola Alternativa dos Veciños, propónse que a avenida que atravesa o principal núcleo da parroquia se converta nunha travesía urbana completa. Esta transformación buscaría facer deste espazo, que actualmente serve principalmente como ruta de paso, nun lugar con suficiente estacionamento, seguridade viaria, mobiliario urbano, zonas arborizadas ou plantadas, beirarrúas máis amplas e libres de obstáculos, e todas aquelas actuacións ou elementos que sexan compatibles coas especificacións do Plan de Mobilidade Sostible de Bergondo, documento que está aprobado e vixente.