Bergondo organiza unha viaxe dunha fin de semana a Braga e Guimaraes

ACoruñaXa
Ofrécense 54 prazas e terán preferencia aquelas persoas que estean empadroadas en Bergondo e que sean maiores de 55 anos
Cartel da excursión a Portugal do Concello de Bergondo
Cartel da excursión a Portugal do Concello de Bergondo
25 mar 2024

O Concello de Bergondo organiza unha viaxe de fin de semana os días 19, 20 e 21 de abril ás cidades portuguesas de Braga e Guimaraes para persoas maiores de 55 anos.

Deste xeito, ofrécense 54 prazas e terán preferencia aquelas persoas empadroadas en Bergondo. Cada persoa poderá inscribirse a si mesma e a un ou unha acompañante os días 4 e 5 de abril, en horario de 10.00 e 20.00 horas, no teléfono 604 854 108. No caso de que haxa máis persoas solicitantes que prazas se realizará un sorteo público, nos Servizos Sociais municipais, o 9 de abril ás 10 horas.

Dentro do itinerario contémplanse visitas por Braga, Guimaraes, Ponche a Lima ou o santuario do Bom Xesús do Monte, no que visitarán impresionantes monumentos nun ambiente moi animado. O prezo será de 150 euros por persoa en cuarto dobre e 180 euros por persoa en cuarto individual no Hotel do parque Bom Xesús.

Toda persoa que queira solicitar máis información sobre a viaxe pode chamar ao teléfono 981 791 252 ext.4 ou acudi á oficina de Servizos Sociais do Concello en horario de 8.30 a 15.00 horas de luns a venres.