O alcalde de Oleiros, García Seoane, mantén a aposta do municipio por Nostián

ACoruñaXa
O alcalde de Oleiros propón unha reunión entre todos os alcaldes da contorna para resolver a confusión e evitar a perda de tempo, co fin de enfocar o futuro da planta de tratamento con seguridade e solidez
Imaxe aérea da planta de residuos de Nostián
Imaxe aérea da planta de residuos de Nostián
25 mar 2024

O Concello de Oleiros aposta por que Nostián continúe a ser o principal referente para o tratamento de residuos sólidos urbanos en todos os municipios da área metropolitana da Coruña, incluída a capital.

Neste sentido, o alcalde, Ángel García Seoane declarou que o mellor xeito de rematar coa confusión reinante e a perda dun tempo valioso é a celebración dunha reunión entre todos os alcaldes e alcaldesas da contorna para enfocar o futuro con garantía e a solidez resolutiva que require un asunto tan importante.

Xunto a isto, García Seoane insistiu en que a solución de Nostián é a que máis convén a toda a comarca, se ben A Coruña debe aclararse en torno ao seu futuro, que está pendente desde hai bastante tempo da decisión que ten que tomar a alcaldía coruñesa sobre a incertidume que arrodea a planta de tratamento.