O Concello de Arteixo amplia as axudas de accesibilidade ás vivendas unifamiliares

ACoruñaXa
O Goberno local aprobou unhas bases reguladoras que ademais de subvencionar a instalación de ascensores nos edificios tamén ofrece axudas aos propietarios de unifamiliares que melloren a súa accesibilidade
Imaxe recurso dun ascensor
Imaxe recurso dun ascensor
27 mar 2024

O Concello de Arteixo aprobou no pleno, celebrado este mércores 27 de marzo, as bases reguladoras para solicitar axudas para a instalación de ascensores en edificios.

Neste sentido, este ano as axudas se estenden aos propietarios de casas unifamiliares coa fin de que melloren a súa accesibilidade coa instalación de salvaescaleras, ramplas ou os propios ascensores.

Dentro das bases das axudas tamén se contempla a instalación de elementos de apoio para persoas con discapacidade como guindastres ou aparellos análogos ou outros elementos de apoio.

Nos cinco últimos anos foron 53 os edificios beneficiados por esta liña de subvencións que agora beneficiará tamén ás vivendas unifamiliares. As axudas para a instalación de ascensores serán dun máximo de 20.000 euros por comunidade de veciños; e no caso das vivendas unifamiliares terán un máximo de 10.000 euros.

As novas subvencións municipais serán acumulables coas subvencións doutras administracións como pode ser a Xunta ou o Estado. O Concello de Arteixo comprobará a correcta aplicación das contías outorgadas a través dos servizos técnicos competentes e as subvencións abonaranse á finalización da obra.