AcorunaXA
O PP denuncia a parálise municipal en obras públicas que viviu A Coruña no ano 2023
O partido sinala que, segundo os datos da Federación Galega da Construción, Ourense y Oleiros licitaron máis obras públicas que o Concello da Coruña
O BNG de Miño vota en contra dos orzamentos propostos polo Goberno do PSdeG
O BNG considera que o Goberno local non tivo en conta as súas propostas para os orzamentos de 2024 encamiñadas a apoiar o comercio local e crear novas liñas de investimentos en servizos e infraestruturas
Un grupo de investigación da UDC recibe un premio pola súas investigacións sobre a epilepsia
O equipo de traballo observou, despois de anos de traballo en técnicas de neuromodulación, como eran capaces de reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro
A alcaldesa de Bergondo pide á Igrexa a venda da Reitoral de Guísamo ao Concello
Este luns viuse abaixo unha parte da fachada da Reitoral de Guísamo en propiedade da Igrexa
ACoruñaXa
O PSdG celebra que o Goberno investise 80 millóns en becas para estudantes da provincia
Fabián Canosa, secretario de Educación da Executiva Provincial da Coruña, lembra ademais que “continúan as melloras”, xa que o Real Decreto de Becas aprobado polo último consello de ministros aumentará o umbral de renda para recibir a axuda nun 5%
O Conselleiro do Mar destaca no forno de Guísamo a acción dos grupos de acción locais de pesca
O conselleiro destacou o salto adiante que deron as emprendedoras que se fixeron cunha panadería en Guísamo hai 5 anos para especializarse en empanadas de alta calidade feitas con peixes e mariscos adquiridos nas lonxas e mercados da zona
A Xunta construirá no barrio coruñés de Xuxán dúas vivendas sociais
O plan da Xunta é construír neste barrio coruñés 1.600 vivendas protexidas entre promoción pública e privada
O BNG da Coruña esixirá información sobre a xestión de aparcadoiros municipais
“Non sabemos quen ingresa o que se paga por usar eses aparcadoiros nin quen ten contratadas as persoas que traballan neles”, sinala a concelleira do BNG Avia Veira
As bibliotecas de municipais de Arteixo cumpren máis de 30 anos de historia pasados por libros
Unha das asignaturas pendentes para a rede de bibliotecas de Arteixo segue a ser un espazo adicado únicamente a sala de estudo
ACoruñaXa
A UDC convoca a VI edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico
O concurso está dirixido ao alumnado de ESO, bacharelato e FP básica e de grao medio co obxectivo de fomentar o pensamento crítico entre a xuventude
ACoruñaXa
Ábrese a XI edición do concurso de fotografía 'Cidadanía Europea en Galicia'
A iniciativa convida así a reflexionar sobre a presenza e o papel da Unión Europea no día a día da cidadanía de Galicia
A Orquestra de Malabares actúa o sábado 16 xunto a banda municipal de Oleiros
O espectáculo está dirixido a todos os tipo de público e terá unha duración de 75 minutos
A Fundación Luís Seoane acolle o xoves unha xornada que abordará a brecha de xénero no deporte
Durante a xornada participarán figuras do mundo do deporte como Claudia López, Irene Ferreras, Carmen Sánchez, Mar Barcón, Lía Muíño, Elena Roca e Silvia Carregal
O grupo musical Fuxan os Ventos celebra cunha mostra na Coruña o seu 50 aniversario
A exposición do grupo Fuxan os Ventos abrirase ao público este xoves 14 na sala Salvador de Madariaga
Arteixo convoca unha reunión cos veciños de Meicende sobre a seguridade do municipio
O Concello trata de buscar solucións a través unha maior presenza da Garda Civil na rúa e de potenciar as investigacións das forzas de seguridade encargadas de desmantelar os puntos de venda de droga
ACoruñaXa
A DXT levará ao cabo esta semana unha campaña de control da seguridade dos vehículos
A campaña da DXT que se desenvolve entre o 11 e o 17 de marzo nas estradas quere inculcar na poboación a enorme eficacia dos sistemas de retención, tanto en adultos como en menores
A UDC participará no programa LABIC+10 da Secretaría Xeral Iberoamericana
As temáticas presentadas foron baseadas na saúde e benestar. Para a postulación da Universidade da Coruña resultaron claves as temáticas no desenvolvemento dalgúns Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles
Ábrese o prazo para optar aos locais de ensaio municipais na Coruña
O prazo de inscripción estará aberto ata o mércores 3 de abril. O programa permítelle ás bandas emerxentes gozar dos medios necesarios para desenvolver os seus proxectos musicais na cidade
ACoruñaXa
As Residencias Mariñán de Música e Literatura e Pensamento da Deputación reciben 45 solicitudes
As propostas seleccionadas para desenvolver as súas estadías artísticas no Pazo de Mariñán decidiranse nas reunións dos xurados, que se celebrarán o 14 de marzo a de música, e o 19 a de literatura e pensamento
As pegadas sociais de Solidariedade Internacional de Galicia na cidade da Coruña
Entre as diferentes actividades que levan ao cabo dende a ONG destacan as formacións ao profesorado, a investigación sobre a saúde mental e a súa tenga de comercio xusto na cidade
ACoruñaXa
O fotógrafo Xurxo Lobato presenta na Fábrica a súa obra 'Rostros da memoria. Ferrol 1972'
Xurxo Lobato presenta un proxecto fotográfico artístico en homenaxe ás persoas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras na cidade de Ferrol do ano 1972
A RAG presenta o martes 12 de marzo o libro ‘Andrés Martínez Salazar: Aproximación bio-bibliográfica’
O libro sobre o académico fundador e presidente da institución sae do prelo na colección Anexos BRAG da real Academia Galega co gallo do centenario do seu pasamento
O Concello de Oleiros impulsa o voluntariado 'Camiñamos' todos os martes
A primeiras das xuntanzas para camiñar será o martes 12 de marzo en Santa Cristina
A agrupación musical Amizades celebrará un concerto en beneficio de AFACO
O evento terá lugar o vindeiro venres 15 de marzo e os asistentes poderán viaxar a través do tempo mesturando sensacións vividas con outras novas por medio da actuación da agrupaicón Amizades



