O Auditorio de Arteixo acolle este venres 15 de marzo a función 'Blues de Medianoite'

ACoruñaXa
'Blues de Media noite' é un espectáculo feminista, que parte do histórico para chegar á intimidade de cada persoa
Imaxe do cartel da función de 'Blues de Medianoite'
Imaxe do cartel da función de 'Blues de Medianoite'
11 mar 2024

Este venres 15 de marzo o Auditorio de Arteixo contará coa función do espectáculo 'Blues de Medianoite' ás 20.30 horas.

A programación de Carteleira de Inverno continúa con Laboratoiro escénico e o seu espectáculo multidisciplinar que fusiona danza, música e teatro e que transita entre o formato escénico e formato concerto.

'Blues de Media noite' é un espectáculo feminista, que parte do histórico para chegar á intimidade de cada persoa, recreando a poética do imaxinario propio deste xénero musical, grazas á luz, que nos traslada ó clube, ó tren, ó cruce de camiños...

As entradas poden adquirise a través do seguinte enlace. En escena estarán Alba Fernández (danza e teatro), Marian Ledesma (voz e teclado), Julio Cuns (guitarra), Juan Tinaquero (contrabaixo e baixo eléctrico), Bruno Couceiro (batería) e Alfonso Castro (luz e guitarra).

CARTEL BLUES EXTENDIDA