Arteixo convoca unha reunión cos veciños de Meicende sobre a seguridade do municipio

ACoruñaXa
O Concello trata de buscar solucións a través unha maior presenza da Garda Civil na rúa e de potenciar as investigacións das forzas de seguridade encargadas de desmantelar os puntos de venda de droga
Meicende
Meicende
11 mar 2024

O concello de Arteixo convoca aos veciños de Meicende a unha reunión con mandos da Garda Civil o vindeiro luns 18 de marzo ás 19.00 no centro cívico de Meicende ante o aumento da venda de droga na parroquia do municipio.

Cumpre así o acordo que o alcalde Carlos Calvelo tiña cos veciños de Meicende de solicitar a presenza dos responsables da seguridade cidadá a unha reunión pública que se realizará no centro cívico de Meicende.

A proposta parte do acordo ao que chegou o alcalde de Arteixo Carlos Calvelo de buscar solucións a través unha maior presenza da Garda Civil na rúa e de potenciar as investigacións das forzas de seguridade encargadas de desmantelar os puntos de venda de droga, verdadeira raíz do problema do aumento da inseguridade en Meicende.

O concello xa solicitara á Garda Civil que aumente o número de efectivos na zona para combater esta venda que, aínda que a pequena escala, suscitou as queixas de comerciantes e veciños.

Cartel Charla Informativa_Guardia Civil_240318-1