A Deputación organiza obradoiros de fútbol feminino co Pastoriza SCD de Arteixo

ACoruñaXa
A área de Igualdade da Deputación pon en marcha os obradoiros 'Pasado, presente e futuro do fútbol feminino' en colaboración co Pastoriza SCD de Arteixo, que tivo nos anos 60 un equipo de fútbol de mulleres que xogaban de xeito periódico ao fútbol
Cartel dos obradoiros da Deputación da Coruña 'Pasado, presente e futuro do fútbol feminino' en colaboración co Pastoriza SCD
Cartel dos obradoiros da Deputación da Coruña 'Pasado, presente e futuro do fútbol feminino' en colaboración co Pastoriza SCD
12 mar 2024

A área de igualdade da Deputación, liderada pola deputada Soledad Agra, pon en marcha 5 obradoiros sobre fútbol feminino en colexios da comarca para alumnado de primaria e de secundaria. O obxectivo destes obradoiros impartidos por Pablo Mariño, adestrador UEFA B da SCD Pastoriza fútbol base feminino; por Cristina Oreiro, adestradora  interría feminino 2º división RFEF ex xogadora do Pastoriza; por Uxía Vázquez García, xogadora do SCD Pastoriza e por Carmen Rodríguez, ex xogadora dos anos 60 do SCD Pastoriza Femenin, é analizar a historia recente do fútbol feminino, a situación actual e a importacia do fútbol como medio de formación integral das nenas.

Serán obradoiros nos que as nenas e nenos poderán interacturar coas persoas participantes, preguntar e visualizar imaxes, así como poder saber como foi a evolución até a situación actual, mais tamén coñecer todos os atrancos que a día de hoxe se poden atopar no fútbol feminino e no deporte feminino en xeral.

Os dous primeiros destes obradoiros van ter lugar o día 20 de marzo ás 10:15 horas para alumnado do CEIP de Arteixo no auditorio do Centro de novas tecnoloxías e, posteriormente, ás 12:40 para o alumnado de 1º da ESO do IES Manuel Murguía.

Liña de traballo de Igualdade

Estes obradoiros que pon en marcha Igualdade da Deputación da Coruña dan continuidade a un camiño iniciado xa en 2016 co documental sobre deporte feminino "Contra os elementos", coa realización de 18 videoforums en toda a provincia da Coruña sobre deporte feminino ou coa publicación do libro da autoría  de Cristina López Villar " Mulleres pioneiras no deporte".

O labor do SCD Pastoriza

O SCD Pastoriza ten na actualidade máis de 100 fichas de mulleres no clube e conta con catro equipos na liga galega de  promesas (campioas temporada 21-22); 1 na liga infantil galega (campionas na fase regular en 2022-2023); 1 equipo senior na liga F/ -Liga coruña FGF e outro equipo senior na Liga de Fútbol 11 -2º división FGF.

O Pastoriza tivo nos anos 60 do século XX un equipo de fútbol de mulleres que xogaban de xeito periódico ao fútbol e que incluso se desprazaron a outras localidades da comarca coruñesa, mais foi nos anos 90 cando un grupo de mozas e mozos denominado " Os berróns" puxeron o fútbol feminino dentro da sociedade deportiva como un dos seus piares. En 1994 organizaron o I torneo de fútbol 7 feminino. Coa chegada do século XXI e coa celebración do  50 aniversario da sociedade foi o momento de crear equipos femininos permanentes e federados de xeito estábel. Nos últimos anos os equipos femininos do Pastoriza gañaron varios campionatos e organizáronse desde a sociedade varios campus deportivos de fútbol feminino e os campionatos de España sub 14 e sub 18 .

Desde o ano 2019 veñen realizando intercambios con equipos femininos doutros paises de europa, o Bath Youth da cidade inglesa de Bath, a Copehague en 2023 e neste 2024 farano cun equipo de Aarau (Suíza).

 

CARTAZ OBRADOIROS FUTBOL FEMININO SCD