Rematan as obras da ponte do río Cabalar que une as parroquias de Fraga e Paizás (Vilasantar)

ACoruñaXa
A Xunta investiu 78.707,78 euros na rehabilitación da ponte que une os lugares de Fraga e Paizás no Concello de Vilasantar
Imaxe da ponte en Vilasantar rehabilitada pola Xunta de Galicia
Imaxe da ponte en Vilasantar rehabilitada pola Xunta de Galicia
12 mar 2024

O Concello de Vilasantar informa que o tramo da AC-840 pechado dende o mes de agosto de 2023 por mor das obras de rehabilitación da ponte sobre o río Cabalar volve a estar aberto ao tráfico de vehículos.

As obras consistiron na actualización dos 19 metros da ponte, ancheando a plataforma ata os 5 metros para permitir a mobilidade da veciñanza dun xeito seguro.

A intervención enmarcouse dentro do Programa de Infraestruturas Rurais da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, que busca facilitar e mellorar as condicións de vida dos veciños. Deste xeito, a administración autonómica investiu 78.707,78 euros na rehabilitación da ponte que une os lugares de Fraga e Paizás.