AcorunaXA
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
A Xunta pon el valor o Ceida en Oleiros como referente na educación ambiental
Salienta o traballo que desenvolve a entidade coa organización dunha ampla oferta de actuacións de dinamización, sensibilización, divulgación, formación e comunicación, así como de educación ambiental e asesoramento e documentación
O BNG da Coruña denuncia a situación precaria do Centro Deportivo do Castrillón
Os nacionalistas inquiren ao Goberno local a ser consciente da situación do complexo deportivo no que destacan incumprimentos de contrato e violación dos dereitos sindicais dos traballadores
ACoruñaXa
Abre o prazo de presentación de candidaturas aos Premios PEL 2024 da Deputación
Os premios recoñecerán ás mellores empresas da provincia. As empresas gañadoras recibirán 72.000 euros en premios, 18.000 euros en cada unha das catro categorías
O Colexio de Médicos da Coruña outorga a Medalla de Oro e Brillantes á pediatra Cecilia Vecillas
A galardoada, moi querida polos seus pacientes, exerceu como pediatra en Oleiros durante máis de tres décadas e participou en varios proxectos de cooperación internacional
A Deputación homenaxeou a Luísa Villalta na gala das Letras Galegas
A gala, celebrada no Teatro Colón, conducida polas poetas Yolanda Castaño e Dores Tembrás, inspirouse en 'A música reservada', o primeiro poemario publicado por Villalta, nas súas diferentes actuacións
Abre o prazo de inscrición para a a Carreira Popular dos Rosales do próximo 2 de xuño
O prazo para participar na carreira popular da Coruña rematará o vindeiro domingo 26 de maio
O Concello de Carral pide a Fomento a cesión dos dous tramos da antiga N-550 en Ponte Lago e Herves
Son dous trazados que se atopan entre os puntos quilométricos 19+060 e 20+160 e os 20+960 e 21+660
O PP de Betanzos pide ao Concello un plan de pago para reducir os prazos de pago e a débeda
Sinalan que o Concello de Betanzos debe adoptar medidas para pagar aos provedores no prazo legal establecido
Oleiros informa de cambios nos asfaltados de Sol e Mar polas adversas condicións climatolóxicas
Se as condicións climatolóxicas non o impiden, o xoves 23 de maio quedarán finalizados
A UDC celebra hoxe o Día das Letras Galegas
No acto conmemorativo, presentouse a obra, case inédita, de Luísa Villalta “Por que os homes non nos len?”, que ven de ser editada pola UDC
O IES Salvador de Madariaga terá un patio cuberto
O Concello da luz verde, de forma inicial, ao estudo de detalle presentado pola Xunta co obxectivo de cubrir un dos patios exteriores do IES Salvador de Madariaga
O PP de Culleredo denuncia o abandono municipal do comercio local das rúas peatonais do Burgo
Sinalan que veciños e comerciantes levan anos avisando da progresiva deterioración desta zona, que no seu día albergaba os mellores comercios e locais de hostalería de Culleredo
O Concello de Abegondo proporá no pleno un presuposto de 6,7 millones
O goberno local prevé reservar un 24% dos presupostos para asistencia social
O Concello e o Deportivo iniciarán os trámites para renovar o convenio do Estadio de Riazor nos termos actuais
Inés Rey chamou esta mañá ao presidente do Real Club Deportivo para retomar a relación entre ambas institucións
A UDC organiza polo Día Internacional da Muller no Sector Marítimo a xornada 'Pioneiras do Mar'
A Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña organiza a xornada 'Pioneiras do Mar'
Portas Ártabras acolle este xoves a presentación do libro 'Romanceiro do Pedregal de Irimia'
O acto contará coa participación de Felipe Senén, arqueólogo e escritor; Óscar Calvo de Radio Roncudo e Radio Pardiñas; Alfonso Blanco Torrado, Coordinador Asociación Xermolo e Xosé Otero Canto, autor
A iniciativa ‘Cans e letras’ cumpre 4 anos nos centros públicos de Culleredo con máis de 100 alumnos
O obxectivo principal é axudar tanto a pequenas e pequenos escolares do municipio como a persoas con discapacidade intelectual a estimular as habilidades lectoras e melloras a nivel social
Oleiros impulsa cambios no transporte municipal
O obxectivo é adaptarse mellor ás necesidades veciñais
A Coruña contará con sete zonas de uso compartido entre a cidadanía e os cans
As zonas de esparexemento serán as praias de Riazor, Orzán e Matadoiro, a Cala de Bens, o parque de Oza, a zona da Torre polo lateral próximo ao cárcere e tamén os xardíns da Maestranza, ademais dos parques de Adolfo Suárez e Bens, onde xa se localizaban dúas das cinco áreas caninas
Comeza a conta atrás para o San Xoán coruñés: o Concello fixa as normas para sardiñadas e fogueiras
Poderanse facer sardiñadas e churrascadas entre o 14 e o 30 de xuño
O Teatro Colón da Coruña acolle mañá a gala das Letras Galegas da Deputación
Conducida polas poetas Yolanda Castaño e Dores Tembrás, reunirá tamén a Janet Novás, Mercedes Peón, Elena Vázquez Ledo, Hugo Gómez-Chao, Adriana Aranda, Eva Vieites, Lulavai e a Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia nun espectáculo poético e musical arredor d’A música reservada, o primeiro poemario publicado por Luísa Villalta
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita unha demanda de 1,7 millóns contra Arteixo
O Concello de Arteixo, a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña asinaron un convenio en 2015 para posibilitar que o bus urbano da Coruña establecese varias paradas en Meicende
O BNG da Coruña insta a que o Concello e o Deportivo solucionen as súas diferenzas
O partido nacionalista recalca que o estadio de Riazor é un ben público “e naturalmente o interese público debe ser preservado”
A Deputación pide ampliar de forma urxente a DP-0810 de Guísamo a Guiliade
A Deputación insiste na necesidade de ampliar de forma urxente a DP-0810 de Guísamo a Guiliade, tras rexistrarse un novo accidente no punto negro de Villa Julia




