O sábado 18 de maio estará no Marineda City a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia

ACoruñaXa
O centro comercial Marineda City obsequiará a todos os doantes cun almorzo
Imaxe do autobús de doazóns de sangue no Marineda City
Imaxe do autobús de doazóns de sangue no Marineda City
15 Maio 2024

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia (ADOS) estará o sábado 18 de maio, en horario de 10.00 a 15.00 horas, na praza exterior de Marineda City para recoller as doazóns de sangue dos cidadáns, tan necesarias para a actividade dos hospitais como para dar resposta ao Programa Galego de Transplantes.

Ademais, Marineda City obsequiará a todos os doantes cun almorzo. Esta colaboración de Marineda City con ADOS, que vén realizando desde 2011, enmárcase no Plan de Responsabilidade Social Corporativa do centro.

O centro comercial e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia fan un chamamento á colaboración e solidariedade para que os cidadáns acudan a doar sangue durante esta xornada. Dunha doazón obtéñense tres compoñentes (hematíes, plaquetas e plasma), polo que con este xesto unha persoa pode salvar ata tres vidas.

E é que cada día, os hospitais galegos precisan 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.800 urxencias, máis de 800 intervencións cirúrxicas, 1 transplante de órganos e 1.600 atencións nos hospitais de día.

0.17490816116333