Novas de Oza-Cesuras
Un local de Parada ábrese a reservas para aniversarios e celebracións privadas
A Taberna de Parada, situada no local de Peones Camineros de Frais, poderá ser utilizada por persoas empadroadas en Oza Cesuras maiores de idade previa solicitude a través do rexistro da Sede de Oza
Un convenio e novas equipacións reforzan o fútbol en Oza-Cesuras
O Concello e o Clube de Fútbol Oza-Cesuras selaron un acordo de colaboración de máis de 16.000 euros e renovaron o apoio ás categorías de base, nunha tempada na que a entidade supera xa as 150 fichas
As queixas veciñais poñen o foco no estado da estrada entre Candieiras e Xabarís, en Oza-Cesuras
A denuncia, difundida en Filgueira de Barranca, reclama unha solución para un vial público deteriorado e reabre o debate sobre o impacto do tráfico pesado nas estradas locais de Oza-Cesuras
Últimos días para solicitar praza no CEIP Plurilingüe Bragade para o curso 2026/27
O prazo de admisión para o novo alumnado e para escolares de Infantil e Primaria que queiran cambiar de centro permanecerá aberto ata o 20 de marzo
O parque eólico Fontella queda freado pola súa afección a unha zona núcleo da Reserva da Biosfera
A Xunta denega a autorización ao proxecto de Galenergy entre Aranga e Oza-Cesuras e arquiva un expediente iniciado en 2019 tras unha declaración de impacto ambiental desfavorable
Máis de 416.000 euros para mellorar camiños rurais en 14 concellos da comarca de Betanzos
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, supervisou en Oza-Cesuras as obras no camiño de Burricios, incluídas no Plan Camiña Rural 2025-2026
3,5 millóns para contratar máis de 400 persoas e reforzar servizos municipais na provincia
A Deputación da Coruña activa unha nova edición do PEL-Concellos, con axudas para 90 concellos e partidas destacadas na área da Coruña e en varios municipios das Mariñas e da contorna de Ordes
Santiago García e Néstor Casal conquistan o 30º Rallye A Coruña tras unha fin de semana de máxima tensión
A parella de Ordes levou o triunfo tras dous días de espectáculo, cun tramo urbano no entorno do Castelo de San Antón e especiais por concellos como Betanzos, Coirós, Aranga ou Oza-Cesuras, nunha edición seguida por milleiros de afeccionados
A rede de mecos do Entroido medra na comarca: 'O obxectivo é consolídalo'
A Asociación Chalana Cultural de Miño impulsou #entroidizaoteurueiro para recuperar os 'entroidos de palla', sumar asociacións e colexios e facer que a festa se note no rueiro antes e despois do martes grande
Máis seguridade e mellor rodadura na DP-3203 cun investimento de máis de 800.000 euros
A Deputación da Coruña formaliza a obra para renovar o firme entre Burricios e Pena de Martín, en Oza-Cesuras, nun treito de máis de 8 quilómetros e cun prazo de 3 meses
Peche temporal do ximnasio municipal de Salto por obras de mellora
As instalacións do Loureiro permanecerán pechadas desde este mércores 25 de febreiro e ata novo aviso, aínda que o Concello manterá as actividades deportivas nun espazo alternativo habilitado
A Deputación leva a Navartur a súa aposta por un turismo con territorio, sostibilidade e identidade
A institución provincial estrearase na feira de Pamplona coa CMAT, o xeodestino Ulla-Tambre-Mandeo e catro Plans de Sostibilidade
As Mariñas aportan músculo ó minibasket galego rumbo ó PlanetaMini 2026
A canteira de A Coruña, Oleiros, Culleredo, Sada e Carral gaña peso nas convocatorias mentres a FEB fixa o estatal do 28 de marzo ao 1 de abril en Reus e Salou
A Deputación presenta o POS+2026 cunha achega récord na área coruñesa e reclama á Xunta máis fondos para os concellos
O acto celebrouse en Oleiros e o Plan Único arrinca o ano con 20,18 millóns de euros para 21 municipios da comarca da Coruña e As Mariñas
Temporal no litoral coruñés: alerta laranxa no mar polo paso da borrasca ‘Pedro’ antes dunha tregua máis estable
Este mércores 18 agárdanse chuvias e refachos fortes, con ondada perigosa na costa e desde o venres 20 o anticiclón deixará varios días máis secos
A borrasca Oriana deixará un sábado con vento e mar axitado na costa da Coruña
MeteoGalicia mantén avisos por fenómeno costeiro no tramo Coruña Noroeste e prevé ondas de 5 a 6 metros, mentres no interior o tempo irá a menos co avance das altas presións
A Deputación abre 225.000 euros en axudas para asociacións veciñais e de mulleres co foco no rural
O prazo para pedir as subvencións remata o luns 16 de febreiro, ás 14.00 horas, e a tramitación faise por vía telemática a través de SUBTEL
Eventos
OcioenGalicia
Ciclo musical Elas Son Artistas
OcioenGalicia
Nachiños fest 2026
OcioenGalicia
XI Feria de Artesanía en Culleredo
Vento forte e medidas preventivas polos avisos laranxas na comarca coruñesa
A Xunta suspende as actividades escolares no exterior e a práctica deportiva federada ao aire libre desde as 12.00 horas do mércores 11 ata as 0.00 do xoves 12, e varios concellos activan peches en instalacións municipais
Oza-Cesuras acollerá o III Encontro Feminino de trail e sendeirismo polo 8M
A actividade, con percorrido entre Bandoxa e Oza dos Ríos, ofrece 10 quilómetros andando ou correndo, inscrición gratuíta e un máximo de 150 prazas
‘Mil sabores, cero desperdicio’ trae a Oza-Cesuras un curso de cociña de aproveitamento
As sesións serán no Centro de Maiores de Oza os venres, do 6 de marzo ao 17 de abril (agás o 3 de abril), en horario de 19.00 a 21.00 horas
O CEIP Plurilingüe Bragade abre as súas portas ás familias antes do prazo de admisión do curso 2026/27
O centro de Cesuras celebrará xornadas de portas abertas os días 20, 24 e 27 de febreiro e lembra que as solicitudes de novo alumnado poderán presentarse do 1 ao 20 de marzo
Oza-Cesuras achega a astronomía ao alumnado co obradoiro Starlight no CEIP Plurilingüe Bragade
A actividade, dirixida a 5º e 6º de Primaria, enmárcase no programa ‘Educando na Biosfera’, vinculado á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
O PSdeG pregunta á Xunta cando se fará a residencia de maiores prometida na fusión de Oza e Cesuras
As deputadas Silvia Longueira e Elena Espinosa levan a cuestión á Comisión 5.ª do Parlamento, mentres o antigo sanatorio do Paraxón avanza cara a un uso turístico
ADEGA e colectivos veciñais alegan contra a central de bombeo de Meirama polo risco para o encoro de Cecebre
As entidades advirten de que o proxecto, declarado estratéxico pola Xunta, podería afectar á calidade da auga do Abegondo-Cecebre, principal fonte de abastecemento da Coruña e área metropolitana






