Novas de Coirós
Alerta por risco de crecida do Mandeo na estación Mandeo-Coirós
Augas de Galicia mantén o aviso 'vermello' e o Plan Inungal continúa en preemerxencia, cun chamamento á prudencia nas zonas máis próximas ao río
O BNG pide en Coirós máis uso e programación para a Aula da Natureza de Chelo
A formación nacionalista rexistrou unha moción para crear unha programación anual estábel e diversa e pide melloras de mantemento, accesos e un novo aparcadoiro
Portas abertas na EEI de Coirós para coñecer unha escola no rural con todos os servizos
As familias poderán visitar o centro do 23 de febreiro ao 18 de marzo, de luns a venres entre as 12.15 e as 13.00 horas, con atención directa do equipo educativo
Tres citas para vivir o Entroido en Coirós con choqueiros, concursos e sesión vermú
O programa combina propostas do Concello e das asociacións veciñais, con actividades entre o 14 de febreiro e o 1 de marzo
A Xunta visita o CIM de Coirós para reforzar as políticas de igualdade no municipio
María Quintiana Pérez reuniuse coa concelleira Yolanda Valiño e coa directora Raquel Montero para abordar o funcionamento do servizo e as liñas de apoio autonómicas
A Deputación da Coruña pecha as axudas de Política Social con máis de 330 solicitudes e 13,4 millóns de euros en xogo
As subvencións para 2026 repártense entre entidades e concellos e inclúen partidas para servizos sociais comunitarios, SAF, envellecemento activo e investimentos en centros
Oleiros lidera unha acción conxunta para levar á Xunta aos tribunais polo financiamento da Dependencia e do SAF
Alternativa dos Veciños pide á Deputación da Coruña que cree unha oficina de apoio técnico e xurídico e asuma custos e defensa legal para os concellos que se sumen
A Deputación destina 6,98 millóns de euros á comarca de Betanzos na primeira fase do Plan Único 2026
A deputada Cristina García Rey visitou obras do POS en Coirós, concello que suma máis de 3,97 millóns de euros desde 2017
O PSOE provincial da Coruña reúne o xoves o Consello de Alcaldes e Alcaldesas para analizar o ‘afogo económico’ dos concellos
O PSdeG denuncia a ‘imposición de competencias impropias sen financiamento suficiente’ e pide á Xunta un reparto de recursos con criterios ‘obxectivos e transparentes’
Mariñas Coruñesas leva a Fitur o eclipse solar, a súa nova base náutica e a sustentabilidade como bandeiras do ecoturismo
A Reserva inaugura na primavera unha Base de Actividades Ecoturísticas en Betanzos, lanza a campaña 'O noso corazón verde' e destaca un crecemento do 13% en visitantes
Betanzos celebra o centenario da visita de Ruth Matilda Anderson cunha exposición e varias citas no Museo das Mariñas e o Cine Alfonsetti
A programación do venres 16 e o sábado 17 inclúe a proxección do documental 'A viaxe de Ruth' e a actuación da Escola de Música e Baile Tradicional de Coirós
A Deputación da Coruña lanza axudas por 225.000 euros para asociacións veciñais e de mulleres
A convocatoria, publicada no BOP, financiará actividades de dinamización económica e social ao longo de 2026, con subvencións de entre 1.200 e 10.000 euros
A Deputación da Coruña convoca 63 bolsas de 3.500 euros para deportistas da provincia
A liña de axudas abre o prazo de solicitude desde o 12 de xaneiro e incorpora como novidade catro bolsas para modalidades non olímpicas
A Deputación da Coruña abre dúas liñas de axudas por 2 millóns de euros para impulsar a promoción económica en 2026
As subvencións van dirixidas a entidades empresariais sen ánimo de lucro e a concellos de menos de 50.000 habitantes, con solicitudes do 16 de xaneiro ao 16 de febreiro
Coirós reparte preto de 5.000 euros en bolsas municipais para material escolar e transporte
Un total de 20 estudantes recibiron as axudas do curso 2025-2026 nun acto no edificio de Servizos Sociais presidido polo alcalde, Francisco Quintela
A comarca da Coruña prepárase para un sábado máis frío, con chuvascos pola tarde e posibilidade de neve no interior a partir dos 400-600 metros
MeteoGalicia prevé para a cidade da Coruña nubes e claros pola mañá e chuvascos débiles á tarde, con vento do nordés. A AEMET sitúa a cota de neve na metade norte arredor dos 400-600 metros, subindo ao final do día
Coirós leva ao Centro Social o espectáculo de monicreques ‘Titiricircus’, de Tanxarina
A función será o martes 30 de decembro, ás 12.00 h., con entrada libre e de balde (nunha cita subvencionada pola Rede Cultural da Deputación da Coruña)
Eventos
OcioenGalicia
Concierto de Caio Arancio
OcioenGalicia
Retro Galicia Vigo 2026
OcioenGalicia
El ciclo Mulleres de Cine en A Coruña
A Xunta apoia con case 40.000 euros a reforma do Caserío do Tión para mellorar eficiencia e accesibilidade
Belén do Campo visita en Coirós o restaurante, que renovou a terraza para usala todo o ano, e lembra que a liña de axudas repartiu 4,5 millóns de euros en 212 subvencións
Betanzos e Coirós reforzan a vixilancia no río pola alerta vermella por avenidas no Mandeo-Coirós
Augas de Galicia elevou o nivel de aviso na estación de control do Mandeo en Coirós e o Concello de Betanzos anunciou un dispositivo de seguimento na súa contorna fluvial; a Xunta mantén activado o Plan Inungal en preemerxencia, segundo a comunicación municipal
O vento ‘decapita’ o toro de Osborne de Coirós e a empresa anuncia a súa reparación tras o Nadal
As fortes rachas do temporal do xoves 18 de decembro deixaron destrozada a parte superior da silueta situada xunto á N-VI, na contorna da Costa do Sal
Máis de 6.000 pemes, microempresas e autónomos solicitan as axudas do PEL 2026 da Deputación da Coruña
A convocatoria pechou con 6.050 peticións e incorpora como novidade a posibilidade de subvencionar o alugueiro de locais dentro da liña PEL-Autónomos/as
Alertas amarelas por choiva e vento e aviso laranxa no litoral por temporal costeiro
A AEMET amplía os avisos para este xoves 18, con especial incidencia no noroeste da provincia da Coruña
A Deputación da Coruña impulsa un plan con ASVINOR para mellorar a rastrexabilidade das plantas e dixitalizar os viveiros da provincia
A axuda provincial financiará formación, asesoramento e unha ferramenta dixital adaptada a cada tipoloxía de viveiro, un paso clave para acceder a certificacións de calidade e cumprir requisitos fitosanitarios
Alerta en Coirós pola presenza de tres cans soltos que xeran medo na veciñanza de Santa María de Ois
O alcalde, Francisco Quintela, reclama á Garda Civil e ás demais autoridades competentes que adopten medidas urxentes ante a situación, que o Concello non pode resolver ao tratarse de animais con propietario






