AcorunaXA
A UDC desprega unha semana de 8-M con actos institucionais, exposicións e formación en varios campus
A programación comeza o 4 de marzo en Socioloxía e en Economía e Empresa, terá as citas centrais o venres 6 de marzo no Campus de Elviña e o 9 de marzo en Ferrol, e pechará o 12 de marzo cun encontro na ETSAC
Coruña Corre arrinca o 14 de marzo na Torre con máis de 1.000 persoas xa inscritas
A primeira proba do circuíto municipal, que alcanza a súa XIII edición e contará con sete citas ata novembro, incluirá tamén unha andaina gratuíta polo 8-M baixo o lema 'Mulleres reais liderando o cambio'.
Cartas, premios gastronómicos e petiscos para unha noite de tute en Présaras
A Comisión Présaras 2026 convoca o campionato o sábado 7 de marzo, desde as 19.00 horas, no pavillón municipal, con partidas por parellas a 30 puntos e un mínimo de 20 parellas inscritas.
O lacón con grelos e a maquinaria de segunda man centraran a fin de semana no recinto feiral
O Mesón do Vento, en Ordes, acollerá o 7 e 8 de marzo a XXVII Festa do Lacón con Grelos, coa estrea da I Feira de Maquinaria Agrícola de Segunda Man e un domingo marcado polas probas de andadura e a poxa de gando frisoa
Aviso por posibles episodios puntuais de turbidez na auga tras traballos de mantemento en Cambre
EMALCSA deixará fóra de servizo este martes 3 de marzo a tubaxe de impulsión que abastece o depósito de Bergondo e o Concello de Cambre advirte de que as incidencias poderían notarse desde o mércores 4
Identificado o responsable do vertido ilegal de 42 pneumáticos no monte de Goimil
A Garda Civil e o Seprona localizaron o autor tras a denuncia do Concello de Vilarmaior e os restos xa foron retirados, recuperándose a normalidade na zona
O Leyma Coruña achega o equipo á afección cunha sinatura de autógrafos en Marineda City
Jacobo Díaz e Dídac Cuevas compartirán un encontro co público este mércores 4 de marzo ás 18.30 horas na planta 1 do centro comercial, na zona do videomarcador
O persoal do bus por estrada decide hoxe, 2 de marzo, os seguintes pasos tras o pacto de eficacia limitada
A CIG reúne este luns 2 ás traballadoras e traballadores do transporte de viaxeiros na provincia da Coruña para explicar o acontecido na mediación e debater accións, incluída a posíbel impugnación do acordo asinado por patronal e UGT
Galiza pola Paz convoca mobilizacións o 3 de marzo contra a guerra e pola soberanía dos pobos
A plataforma chama a concentrarse nas sete cidades galegas tras o ataque de EUA e Israel contra Irán e reclama a defensa do dereito internacional
Seis etapas pola Costa Cantábrica para estrear a tempada de sendeirismo en Arteixo
O Concello lanza o seu 'Programa municipal de sendeirismo 2026' con 6 rutas de dificultade media baixa, 50 prazas por saída e percorridos entre Cariño e O Barqueiro do 12 de abril ao 14 de xuño
Sete medallas de bronce impulsan ao Hydra no Campionato Galego Sénior de bádminton
Cinco xogadores do club de Teixeiro subiron ao podio en Cedeira con catro terceiros postos en individuais e tres en dobres, nunha cita autonómica organizada pola Federación Galega de Bádminton
A mocidade poderá formarse como monitor de tempo libre con clases en Santa Cruz
O Concello abre o 2 de marzo as inscricións para un curso de 200 horas na Casa da Mocidade Portaberta, con só 20 prazas
O INEF de Bastiagueiro abre un espazo de debate sobre a fenda de xénero no deporte
A Deputación da Coruña celebra o xoves 5 de marzo, ás 19.00 h, a súa terceira xornada arredor das desigualdades de visibilidade, oportunidades e recoñecemento, con taller formativo e mesa redonda aberta ao público
Arrinca a campaña para pedir praza nas escolas infantís municipais de Miño
As reservas poden tramitarse ata o 15 de marzo e as novas solicitudes ata o 31, nun curso no que a oferta municipal prevé medrar coa posta en marcha da E.I. de Xarío
Paderne viste de violeta o 8M cun programa de coeducación, saúde e unha andaina popular
O Fogar do Maior acollerá dúas actividades os días 5 e 6 de marzo e o sábado 7 haberá lectura do manifesto, camiñada ata Velouzás e chocolatada no Vimieiro
Os Loureiros gaña verde e sombra para funcionar como refuxio climático
Santiso e Belén do Campo visitan a actuación no acceso ao futuro Pazo da Cultura e o Concello avanza a renaturalización do patio do CEIP San Marcos
Aparcadoiro exprés no Portádego para garantir praza a quen vai ao médico
O Concello de Culleredo limita a 40 minutos, de balde, unha vintena longa de prazas xunto ao centro de saúde e Rioboo pide á Xunta que habilite unha parcela en desuso para gañar capacidade
Oleiros abre o primeiro prazo de pagamento voluntario da rodaxe, VAOS, nichos e caixeiros
O período arrinca o 1 de marzo e remata o 30 de abril, cos recibos domiciliados cargados o 1 de abril
Santa Cruz reúne o 4 de marzo a quinta feira municipal para orientar o futuro académico e laboral da mocidade
O Pavillón Arsenio Iglesias acollerá pola mañá as visitas de máis de 650 estudantes dos centros de secundaria de Oleiros e, pola tarde, abrirá as portas ao público de 15.00 a 17.00 horas
AMariñaXa | ACoruñaXa
Opinión: O Poder das raíces
A comunidade educativa enche as rúas para reclamar máis persoal, menos ratios e colexios seguros
A manifestación deste sábado en A Coruña, convocada pola Federación Provincial de Anpas, saíu ás 11.00 horas da Praza de Ourense e rematou no Parrote, cunha participación que as distintas estimacións sitúan entre as 2.000 e as 5.000 persoas
O ouro do mushing chega a Carral da man de Ismael Fernández Díaz
O deportista proclamouse campión da Copa de España 2026 tras unha tempada perfecta a nivel nacional e xa mira ao próximo reto internacional
ACoruñaXa
A Deputación aperta pola escola inclusiva e reclama á Xunta reforzos urxentes de PT e AL
O pleno provincial dá luz verde a unha moción de PSdeG-PSOE e BNG para cubrir vacantes e evitar que o persoal especialista teña que repartirse entre varios centros
Luz verde para converter o 'quiosco' de Vilaboa nun punto de encontro para a xente nova
O pleno de Culleredo acorda iniciar os trámites para rehabilitar a instalación abandonada da Praza da Igrexa e prevé unha consulta pública para definir os usos do futuro espazo
Un busto de granito honrará o Gaiteiro de Vilaverde preto do Museo do Traxe
O Pleno de Ordes aproba por unanimidade a homenaxe a Manuel Viqueira, referente da gaita galega e figura clave na conservación da música tradicional, que se inaugurará o 31 de maio




