AcorunaXA
A igrexa de San Xosé acolle unha misa cantada e un concerto de música sacra
A cita será este domingo 1 de marzo, ás 13.00 h, en Meicende, coa participación do Coro Aires de Bergantiños e da Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz
O clamor pola escola pública chega ao Parlamento e o BNG alerta de que ‘estouparon as costuras do ensino’
Mercedes Queixas denuncia centros ‘ao límite’ na Coruña e critica os recortes en persoal e a falta de obras, mentres o PP rexeita unha iniciativa para que a Xunta asuma o informe das ANPAS e impulse un plan estratéxico
Bryan Adams actuará no Coliseum o 16 de novembro coa xira 'Roll With The Punches 2026'
A Coruña será unha das paradas galegas da xira e a venda de entradas se activará o 6 de marzo ás 10.00 horas
O mercado do alugueiro, a exame na Mesa Sectorial de Vivenda coa ollada posta nos últimos datos oficiais
O Concello da Coruña reúne institucións, profesionais e entidades sociais para avaliar a evolución residencial e reforzar a coordinación das políticas públicas de acceso á vivenda
A Torre de Celas convértese este sábado nun escenario de foliada solidaria a prol de 'Equipo Nómada'
O encontro arrinca ás 18.00 horas no parque de Celas e reunirá grupos de música tradicional, con recadación destinada integramente a proxectos de atención sanitaria a persoas vulnerables
As familias levan á rúa o clamor pola escola pública este sábado na Coruña
A manifestación sairá ás 11.00 horas da Praza de Ourense e rematará no Parrote, convocada pola Federación Provincial de ANPAS para reclamar máis persoal, menos ratios e centros seguros e accesibles
Os veciños de Xora, en Coirós, reclaman solucións tras novos altercados pola presencia de cans soltos
A Asociación veciñal avisa de que o problema ‘ven de tempo atrás’ e fala de ‘un montón de denuncias’, mentres dous episodios dos últimos días impulsan unha recollida de firmas para pedir unha intervención efectiva
Máis seguridade e mellor rodadura na DP-3203 cun investimento de máis de 800.000 euros
A Deputación da Coruña formaliza a obra para renovar o firme entre Burricios e Pena de Martín, en Oza-Cesuras, nun treito de máis de 8 quilómetros e cun prazo de 3 meses
Vilasantar busca fogares para 13 cachorros e chama á adopción responsable
Os pequenos, de arredor dun mes, aínda deben quedar coa nai ata cumprir dous, pero o Concello xa permite reservalos para facilitar a súa acollida
Curtis quere poñerlle rostro ao 8M cunha homenaxe ás mulleres que deixaron pegada na vila
O Concello lanza unha chamada á veciñanza para que envíe antes do 4 de marzo a foto dunha muller importante na súa vida e construír unha lembranza colectiva polo Día Internacional da Muller
A Deputación reforza o deporte de base con axudas para contratar persoal técnico en 66 concellos
O programa mobiliza 789.320 euros e permite soster servizos municipais de deportes con programación estable, segura e de calidade, especialmente nos municipios máis pequenos
Monte Alto proxecta este xoves o documental de ADEGA sobre medio século de loita ecoloxista
A sesión de 'A Terra por gañar' será ás 19.30 h na Asociación Veciñal das Atochas, con entrada gratuíta e coloquio con Manuel Soto
O PP de A Coruña pide asinar ‘canto antes’ o protocolo coa Xunta para axilizar arranxos nos colexios públicos
Miguel Lorenzo reclama un acordo que delimite competencias e acusa ao goberno local de deixar sen executar 4,7 millóns de euros en mantemento desde 2019 mentres a Xunta anuncia 119 intervencións en 24 centros
Vilarmaior abre o prazo de prematrícula da Casa Niño 'Os Poliños do Tres' para bebés e crianzas ata 3 anos
As solicitudes poderán presentarse do 2 ao 16 de marzo para un servizo gratuíto que ofrece atención integral e facilita a conciliación das familias
O 30º Rallye da Coruña pon a comarca en modo motor e obriga a planificar desprazamentos
Betanzos cortará a rúa dos Ánxeles desde as 8.00 horas do sábado e haberá estradas pechadas nos tramos cronometrados por Coirós, Aranga, Oza-Cesuras, Cerceda, A Laracha e Culleredo
O investigador Luís Alonso Girgado recibirá o recoñecemento Cunqueiriano de Honra este sábado
A cerimonia incluirá ofrenda floral, intervencións oficiais e lectura dunha escolma da obra cunqueiriana
Un exalumno volve ás aulas de Arteixo para falar de 'A princesa dourada' nas Xornadas Literarias do CTA
O Centro Tecnolóxico de Arteixo celebra este venres, 27 de febreiro, un encontro co escritor Anxo Mouzo Moreira, acompañado pola autora María Canosa
Mar deixa aberta a porta a reactivar o libre marisqueo na ría de Ares-Betanzos se o avalan as mostraxes
A Xunta reuniuse coas confrarías para analizar a petición do sector, con especial atención á zona de Sada, e condiciona calquera decisión aos resultados técnicos tras as últimas choivas
GaliciaXa
Galicia prepárase para vivir o fenómeno astronómico do século coa eclipse total do 12 de agosto
O Goberno estatal coordina un operativo especial para garantir seguridade, mobilidade e información ante o ‘Trío de Eclipses 2026-2028’
GaliciaXa
A Xunta activa o protocolo de actuación ate a chegada de partículas en suspensión do norte de África
A calidade do aire pode empeorar na xornada de hoxe en determinadas zonas da provincia de Lugo e de Ourense
O cruceiro de Obra do Paño recupera a súa imaxe tras a restauración logo dun sinistro viario
A intervención, executada por unha empresa especializada e con seguimento arqueolóxico, incluíu tamén a retirada dunha antiga cimentación dun poste de formigón que permanecía incrustada na base
Mariñán entra no radar da Xunta como itinerario cultural a potenciar nas Mariñas
A ruta histórica que une Sada, Bergondo e Betanzos figura entre os primeiros percorridos chamados a acadar a categoría autonómica de ‘itinerario cultural de interese’, unha nova figura pensada para poñer en valor camiños con peso patrimonial aínda que non sexan Camiño de Santiago
O fado toma o relevo en Perillo coa actuación de Carolina Varela Ribeiro
A fadista lisboeta, considerada unha das novas voces do xénero, actuará este sábado 28 ás 20.30 horas no auditorio do Centro Cultural A Fábrica dentro do XIII Ciclo de Música Voces Cálidas para Noites de Inverno
Catro ouros para a UDC no campionato galego universitario de natación
Pablo Gómez Limia (100 e 200 libre), Alejandro Vázquez Liz (100 braza) e Antonio Sánchez Vázquez (50 bolboreta) lideraron o medalleiro coruñés nunha xornada con preto de 80 deportistas no INEF (Bastiagueiro)




