AcorunaXA
A Xunta anuncia 24 millóns de euros para rehabilitar e modernizar os colexios e institutos da cidade de A Coruña
O Goberno galego asegura que a maior parte das grandes actuacións xa están rematadas e reclama ao Concello que asuma o mantemento dos centros de Infantil e Primaria para evitar danos maiores
O alumnado do CIFP Imaxe e Son estrea no Fórum un musical inspirado en 'Circe'
'Culpables de ser' chega o mércores 26 de febreiro ás 11.30 h como homenaxe á obra de Begoña Caamaño, figura das Letras Galegas 2026, nun proxecto de fin de ciclo con libreto orixinal e enfoque feminista
Tres horas para aprender defensa persoal feminina nun curso gratuíto en Cambre
A cita será o sábado 28 de febreiro, de 10.00 a 13.00 h, no Centro Judo Club Cambre e forma parte do programa provincial da Deputación para mellorar a seguridade e a confianza das participantes
Riazor Atletismo pon cara á nova camiseta da C21, coa meta por primeira vez en María Pita
O Concello da Coruña entregou a primeira remesa de equipacións ao club, que celebra este ano o seu 25 aniversario, e quenta motores para o medio maratón e a 5K do domingo 1 de marzo
A CIG pide a CCOO unha fronte común para reabrir a negociación do convenio do autobús
A central nacionalista insiste en pactar unha proposta alternativa á última oferta patronal e advirte de que CIG e CCOO sumarían o 63% da representación na mesa do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña
A Real Filharmonía de Galicia celebra 30 anos cun programa sorpresa en catro cidades
A orquestra, dirixida por Baldur Brönnimann, conmemora o seu 30º aniversario cun concerto especial en Santiago, Vigo, Ferrol e A Coruña, en homenaxe a Helmuth Rilling
Descontos, stock de tempada e sorteos para impulsar o pequeno comercio na Feira de Oportunidades de Arteixo
O Campo da Festa acollerá a cita do 6 ao 8 de marzo, con apertura o venres de 17.00 a 20.00 e xornada continua o sábado e o domingo
A imaxinación toma a biblioteca de Coirós con 'Inventando mundos'
O CIM de Coirós promove un obradoiro de escritura creativa con Marta Seoane Pazos para maiores de 16 anos, os martes 3, 17, 24 e 31 de marzo de 17.00 a 19.00
Veciñanza de Monte Martelo critica a reapertura 'a medias' do polideportivo de Elviña
Denuncian filtracións, accesos deteriorados e zonas pendentes tras a remodelación que a Xunta deu por rematada o 13 de febreiro cun investimento global de 3,4 millóns de euros
Un encontro en Celas para que a mocidade con esclerose múltiple faga rede
A ACEM organiza este mércores 25 de febreiro, ás 18.00 horas, unha tarde de actividades participativas na Rectoral de Celas para compartir experiencias e combater o illamento
A Gala do Deporte reunirá no Colón a elite e a base do deporte coruñés o 20 de marzo
O xurado da IV edición dos premios reuniuse este 24 de febreiro na Deputación e o fallo darase a coñecer nun acto con representación de centos de clubs da provincia
A formación de socorrismo regresa a Miño con prazas para instalacións e augas naturais
O Concello de Miño e a FESSGA abren inscricións do 25 de febreiro ao 3 de marzo para un curso que se impartirá en marzo e abril e que inclúe tarifa reducida para persoas empadroadas
As chuvias do inverno destapan novas filtracións no Ponte dos Brozos e o Concello pide á Xunta rematar a renovación dos tellados
O complexo educativo de Arteixo, con preto de 1.300 alumnos, arrastra dúas cubertas pendentes de substitución integral
Cocido, música en directo e baile nun xantar popular que quenta motores en Vilarmaior
A Comisión de Festas de Vilarmaior convoca a veciñanza o sábado 7 de marzo de 2026 no pavillón polideportivo, con sesión vermú, tardeo e cañóns de calor
O Atlantic Pride reforza o seu cartel con novas voces galegas para o verán de 2026
arde, Jonydasvie, Montedapena, raze e Terrae Dj’s súmanse ao ‘Orgullo do Norte’, que volverá do 5 ao 12 de xullo con Miriam Rodríguez, Whigfield e Choriza May xa confirmadas
A alcaldesa de Betanzos leva o Concello aos barrios coa rolda de encontros 'Fala coa alcaldesa'
As xuntanzas, abertas á veciñanza, serán ás 20.00 horas en locais sociais de barrios e parroquias, cun calendario que arrinca na Condesa e se estende ata abril
A reforma da Travesía de Arteixo arranca coa derruba de cinco edificios e convoca á veciñanza a unha reunión informativa
O Concello explicará este mércores 25 de febreiro, ás 19.00, no Local Social do Alto de Arteixo, a primeira fase dunha actuación de 3,6 millóns de euros que renovará 1,8 quilómetros entre a rotonda de Sabón e a contorna das rúas Reconquista e Independencia
Case 8 millóns para marcapasos e desfibriladores destinados á área sanitaria da Coruña e Cee
O Consello da Xunta autoriza un contrato dun ano por 7.901.690 euros para implantes cardíacos que se integrarán coa historia clínica electrónica, cunhas necesidades estimadas de 767 marcapasos e 229 desfibriladores en 12 meses
Curtis intensifica as inspeccións do lixo e abre expedientes polo mal uso dos colectores
O Concello detectou vertidos fóra de lugar en varias zonas de Curtis e Teixeiro e advirte de sancións mentres reforza as chamadas ao civismo
O BNG esixe que o plan contra as enchentes inclúa medidas reais en Betanzos e non se limite a ‘paneis informativos’
Os nacionalistas levan ao Pleno unha iniciativa para que o PXRI incorpore obras e compensacións para persoas e negocios afectados, nun momento no que a Xunta impulsa a instalación de indicadores divulgativos en zonas inundables
CCOO racha coa última oferta da patronal e deixa o convenio do bus interurbano coruñés sen sinatura
A central rexeita a proposta tras consultar á afiliación e a mediación no Consello Galego de Relacións Laborais camiña a pecharse sen acordo, nun sector xa fracturado entre sindicatos
A néboa volve colapsar Alvedro e obriga a desviar voos e cancelar rotacións
Un avión regresou a Madrid, outros dous acabaron en Santiago e a terminal de Culleredo encheuse de pasaxeiros buscando alternativas nunha mañá marcada pola baixa visibilidade
Os veciños de Orzán-Pescadería volven cargar contra o botellón e o ruído tras a campaña municipal do ocio nocturno
A asociación veciñal denuncia que o pasadizo entre Orzán e Cordelería foi durante o Carnaval unha ‘caixa de resonancia’ e acusa o Concello de minimizar o problema mentres activa ‘Este é o teu sinal’ para pedir que non se berre, non se saque bebida á rúa e non se ouriñe en espazos públicos
A IA xenerativa entra nas aulas con formación práctica para alumnado de 20 institutos da provincia
A Deputación da Coruña e o CITIC da UDC estrean no IES Agra do Orzán un programa para 4º da ESO e 1º de Bacharelato que combina teoría e prácticas con ferramentas como ChatGPT, Gemini ou HuggingChat




