AcorunaXA
Gastón cumpre 20 anos como estrela do Aquarium Finisterrae
O tiburón touro chegou á Coruña o 24 de febreiro de 2006 desde o acuario de Brest e converteuse nun dos principais reclamos do museo científico municipal
O PP levará ao Pleno as súas dudas sobre o multiusos de Bastiagueiro e o seu custo anual de funcionamento
O grupo popular en Oleiros quere saber se a xestión será externalizada e reclama detalles do prezo final da obra, a equipación e os gastos de persoal, mantemento, subministracións e programación
Aberto o prazo para participar no 29º Premio de Poesía Concello de Carral
O certame, un dos referentes da poesía galega, premiará con 3.500 euros o poemario gañador, que publicará Edicións Espiral Maior
O CIM móbil fará parada este luns no Campo da Feira de Abegondo para achegar apoio e asesoramento ás mulleres
A unidade itinerante da Xunta estará hoxe, 23 de febreiro, de 10.00 a 13.00 horas, con atención psicolóxica, social e xurídica, ademais de accións de prevención e sensibilización
O Rañal quenta os fogóns en Arteixo cun gran cocido o 1 de marzo
A A.D.C. O Rañal organiza unha xornada gastronómica con sopa, cocido, sobremesas tradicionais, bebida, café e chupito, con inscrición aberta ata o 24 de febreiro
As Mariñas despiden o Entroido esta fin de semana con música, disfraces e moita orella
Cambre e Bergondo viviron este sábado as súas citas grandes, mentres Oleiros, Arteixo, Culleredo e Paderne completan o peche do carnaval con propostas na rúa e nos centros sociais
Alerta polo risco de esvaróns nas escaleiras do pavillón Castelao I, en Ordes
O BNG asegura que, tras o pintado interior, a zona non recibiu un tratamento antiesvarante e reclama unha solución rápida para evitar caídas en días de choiva ou humidade
Licitada por máis de 146.000 euros a renovación integral das pistas do CEIP Barrié de la Maza, en Sada
O Concello financiará a obra con cargo ao POS de 2025 e mantén aberto o prazo para presentar ofertas ata o 9 de marzo de 2026
O PP provincial visita o Centro Etnográfico de Teixeiro para reforzar o seu papel como foco cultural e turístico
Evaristo Ben percorreu as instalacións xunto ao alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e ao tenente de alcalde, Iván Maques, para avaliar o seu estado e estudar novas vías de dinamización
A reforma da avenida de Vilaboa e da praza Sagrada Familia arrincará a vindeira semana con poucas afeccións ao tráfico
A obra, que suma preto de 3 millóns de euros contando todas as fases, prolongarase durante nove meses e consolida a modernización do núcleo
AMariñaXa | ACoruñaXa
Opinión: Ferrol no pasado
Carral abre inscrición para dous obradoiros gratuítos sobre saúde infantil e alimentación segura
As sesións serán o 25 de marzo e o 8 de abril en horario de mañá, con prazas limitadas e matrícula dispoñible ata o 18 de marzo
Vilarmaior leva ao SEPRONA un vertido ilegal de 42 pneumáticos na zona de Gomil
O Concello alerta do impacto nunha contorna de alto valor ecolóxico e pide colaboración veciñal para identificar aos responsables
O Graxal acolle este sábado o festival polo X aniversario de Musicambre
A cita, con entrada libre, arrinca ás 18.00 horas no centro sociocultural do Temple e contará con actuacións corais e bandas como Surfatas, Purple Nite e Malasömbra
Un plan de 818.990 euros renovará varios centros sociais e instalacións municipais en Bergondo
Hai obras en marcha en Santa Marta, Mariñán e Cangas e no tellado da antiga escola de Santa Marta
Dez rutas de As Mariñas e da área da Coruña entran na listaxe de Sendeiros Azuis 2026
A provincia da Coruña suma 15 rutas, onde Miño e Oleiros encabezan o mapa comarcal con catro sendeiros cada un, mentres Arteixo e A Coruña manteñen percorridos costeiros e forestais recoñecidos
A Xunta reforza as Mesas de comercio local para pactar medidas co sector en Betanzos e Curtis
Gabriel Alén participou este 20 de febreiro nos encontros de coordinación público-privada e, en Curtis, coñeceu o plan municipal que inclúe a campaña 'O teu pobo premia' con 10.000 euros e o impulso das feiras como referente turístico
O plan de rebacheo retómase en Culleredo tras a cadea de temporais
O Concello céntrase nos puntos máis deteriorados e de maior tránsito, con intervencións en O Portádego e O Burgo e máis de vinte fochancas reparadas nun só día
Un concerto familiar pon música en Abegondo á celebración do Día de Rosalía
Abegondo acolle este venres 20 de febreiro na Biblioteca Municipal, ás 18.00 horas e con entrada de balde, o espectáculo 'Os cantares de Rosalía' a cargo de María Faltri
Sada acollerá en abril un curso básico gratuíto de Protección Civil
A Agasp oferta 25 prazas gratuítas nunha edición presencial de 32 horas que se desenvolverá do 10 ao 19 de abril
A caída doutra árbore reabre o debate sobre o mantemento do arborado en Oleiros
O PSdeG-PSOE denuncia un novo incidente en Mesón da Auga e acusa o goberno local de falta de prevención nun contexto de temporais e episodios recentes con exemplares derrubados
Alerta laranxa por crecidas no Mendo e chamada a extremar a precaución
Augas de Galicia detectou un aumento do caudal na estación Mendo e a Xunta mantén activado o Plan Inungal en fase de preemerxencia para reforzar a vixilancia
Un derrube deixa impracticable un tramo da senda do Xarío tras o temporal
O Concello de Miño alerta da caída dun muro de pedra á altura da rúa de Monteagudo e pide evitar a zona mentres se revisa o estado do percorrido
O qigong chega a Cambre cun obradoiro aberto á veciñanza
Cambre acolle o sábado 21 de febreiro un obradoiro de 17.00 a 20.00 no Local Social da Terceira Idade, con inscrición aberta e prazas limitadas
O BNG leva ao Congreso a crise de Losán e pide un papel activo da SEPI para salvar o emprego
A iniciativa pon o foco nas plantas de Curtis e Vilasantar, con preto de 200 postos directos en xogo e atrasos salariais, e reclama coordinación co comité e coa Xunta para un plan de viabilidade




